O 1 de xullo de 2024 tivo lugar a Mesa xeral de empregados públicos ordinaria cun único punto na Orde do día:
Proposta de Protocolo da Xunta de Galicia para a protección ás persoas empregadas públicas vítimas de violencia de xénero.
No I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia prevese a aplicación de medidas contra as violencias de xénero e recolle na súa medida 8.10 a aprobación dun Protocolo contra a violencia de xénero do persoal empregado público. Este Protocolo debe interpretarse e aplicarse en relación co Protocolo da Xunta de Galicia de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo.
O protocolo foi aprobado no seo da Comisión de Igualdade da Xunta de Galicia, na que está presente CCOO como organización sindical asinante da I Lei de Igualdade da Xunta de Galicia; foron incluídas nel moitas das alegacións presentadas por CCOO.
A DIRECCIÓN XERAL DE EMPREGO PÚBLICO E ADMINISTRACIÓN DE PERSOAL INFORMA:
Carreira profesional extraordinaria: queda unha pequena parte de solicitudes pendentes de revisar, a Administración nos comunica que se está traballando para rematalas neste mes de xullo.
Adscricións provisionais: se prorrogan as adscricións ata a finalización das modificacións nas RPTs.
Problemas de baremacións provisionais do A2: nalgúns casos non se valoraron de oficio exercicios superados de procesos selectivos. A Administración comprometese, como xa sucedeu co A1, a que estes erros se subsanarán de oficio, sen necesidade de esperar á baremación definitiva.
Toma de posesión de persoal laboral de promoción específica: unha vez modificadas todas as RPTS de funcionarización.
Acordo de incendios: neste mes de xullo irá ao Consello da Xunta para a súa aprobación e despois ao DOG para a súa publicación.
Comisión de seguimento do Acordo de Política Social: a Administración comunícanos que está traballando no documento de criterios.
Problemas coa roupa de traballo nos centros educativos: dende a Consellería de Educación se ditaron instrucións aos directores dos centros para que cumpran a normativa e faciliten a roupa de traballo. Non teñen constancia de ditos problemas, no caso de existir, solicitan que se lles fagan chegar as incidencias.
Fundacións sociosanitarias: a Administración está a traballar con elas para realizar as contratacións de persoal investigador.