O 3 de xullo de 2024 tivo lugar a Comisión de Persoal ordinaria cun único punto na Orde do día:
Proposta de Protocolo da Xunta de Galicia para a protección ás persoas empregadas públicas vítimas de violencia de xénero
O voto de CCOO é A FAVOR.
O protocolo foi aprobado no seo da Comisión de Igualdade da Xunta de Galicia, na que está presente CCOO como organización sindical asinante da I Lei de Igualdade da Xunta de Galicia; foron incluídas nel moitas das alegacións presentadas por CCOO.
No I Plan de Igualdade da Xunta de Galicia prevese a aplicación de medidas contra as violencias de xénero e recolle na súa medida 8.10 a aprobación dun Protocolo contra a violencia de xénero do persoal empregado público. Este Protocolo debe interpretarse e aplicarse en relación co Protocolo da Xunta de Galicia de actuación fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo.
Rogos e preguntas
Procesos de estabilización: ante a pregunta de que vai suceder coas prazas ofertadas na quenda de discapacitados, xa que nalgúns casos existen máis prazas de discapacidade que persoas que podan optar a cubrilas, a resposta da Administración é que están a estudar que facer no caso de non cubrirse: poderían sumarse ao resto de prazas ofertadas.
Gain: O proceso de estabilización está rematado, e hai tres persoas que superaron á vez os procesos de estabilización do Gaín e da Xunta: a Administración comunícanos que procurarán coordinar os dous procesos para que non haxa problemas.
Devolución das taxas: no caso de duplicidade de solicitudes por erro, se devolven as taxas. Devolvéronse xa nalgúns casos.