ACTUALIZACIÓN - Corrección de erros (13/06/2025)
Detectados dous erros nas ordes tratadas nesta mesa:
- Praza de profesor/a de lingua e literatura galega no colexio “Vicente Cañada Blanch”:
- Non poden participar os mestres por ter que impartir docencia ao alumnado de ESO. Por tanto soamente está destinado a PES e Catedrática/o de Galego.
- Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos:
- A vacante 02 da Secretaría do deporte ten destino LUGO.
No día de hoxe celebrouse a Mesa Sectorial Docente Non Universitaria.
Nos seguintes apartados podes consultar as intervencións de CCOO Ensino e as respostas da Administración:
Orde concurso praza de profesor/a de lingua e literatura galega no colexio "Vicente Cañada Blanch" de Londres (Reino Unido)
Intervención de CCOO Ensino
- Solicitamos que se permita tamén solicitar a comisión de servizos a persoal interino/a, e que as renovacións posteriores se concedan sempre co requisito de obtención de vacante, é dicir, que lles correspondería vacante no CADP pola súa orde de lista.
- Solicitamos que se corrixa a contradición entre o que recolle o apartado 4.6 e o baremo en canto a puntuación mínima para valorar o proxecto, aparecendo 4 e 3 puntos respectivamente.
- Consideramos que os gastos de viaxe para incorporarse a praza a partir do inicio do nomeamento deberían estar cubertos por Consellería ou Ministerio.
No baremo, no apartado 3 e no apartado 4 aparece valorada en ambos epígrafes a competencia dixital, entendemos que é un erro e que un deses subapartados sería para títulos de idiomas diferentes a Escolas oficiais de idiomas. ACEPTADO. TRÁTASE DUN ERRO.
Prazas sometidas a convenio ou a programas específicos
Intervención de CCOO Ensino
- Rexeitamos os convenios subscritos con institucións privadas, pois consideramos que a Consellería debería atender a oferta educativa desde as súas propias estruturas, en lugar de facelo mediante asociacións privadas.
- Reclamamos que a xestión de todas as ensinanzas que se imparten sexa realizada en centros de carácter público, xestionados pola Consellería de Educación, e que non se limite simplemente a dotalas de persoal.
- Solicitamos, para evitar que moitas prazas podan quedar desertas, que se permita tamén solicitar a comisión de servizos a persoal interino/a, e que as renovacións posteriores se concedan sempre co requisito de obtención de vacante, é decir que lles correspondería vacante no CADP pola súa orde de lista.
- Consideramos o prazo de presentación de solicitudes excesivamente curto, polo que propoñemos ampliar o prazo de 5 a 10 días hábiles.
- Exiximos que se expliciten de modo claro as directrices e características para a realización do proxecto. Consideramos que valorar o carácter innovador e outras características pode ser subxectivo, polo que reclamamos que os criterios de valoración sexan obxectivos.
- Esiximos que se recolla un modelo de rúbrica de avaliación do proxecto, como xa se fixo noutras convocatorias en anos anteriores tras a nosa reclamación, xa que supón o principal criterio de selección. De non acadar un mínimo de puntuación neste proxecto a persoa aspirante queda excluída.
- Solicitamos aclarar cal é o período de reclamacións e renuncias, xa que nun párrafo aparecen cinco días pero, no seguinte, tres. Solicitamos que se establezcan cinco días para ambos conceptos, por ser máis ventaxoso para o persoal aspirante. ACEPTADO. TRÁTASE DUN ERRO.
- Propoñemos incluír a posibilidade de renunciar a algunha praza solicitada sen ter que renunciar a todas, como xa se fixo noutras convocatorias similares, como a de persoal asesor do ano pasado.
- Demandamos o establecemento de criterios para comprobar de forma obxectiva o cumprimento dos requisitos establecidos para cada praza. Debería especificarse a documentación requirida para demostrar estes aspectos, evitando así que a avaliación quede suxeita á subxectividade da comisión.
- Reclamamos que, en caso de que as prazas non sexan adxudicadas, se cubran de forma provisional por un curso. Para iso, debería contarse co persoal que se presentou aos procedementos, mesmo se non acadou a puntuación mínima na valoración do proxecto. Só despois debería considerarse a opción de adxudicalas “a dedo”. Igualmente deben confeccionarse unhas listas para a cobertura de posibles substitucións ao longo do curso entre o profesorado participante que así voluntariamente queira.
- En caso de que non concorrera ningún aspirante a unha praza concreta, debería establecerse cales serían os requisitos para dotar as prazas por comisión de servizos que non se cubran por concurso de méritos.
- No baremo debería eliminarse, no apartado de antiguidade, a referencia a requisito mínimo de dous anos como persoal funcionario, xa que poderían participar neste concurso funcionarios en prácticas, sen ningún requisito de antiguidade. ACEPTADO. TRÁTASE DUN ERRO.
- No baremo, consideramos que deberían puntuarse as fraccións inferiores a un ano. ACEPTADO.
- No baremo, no apartado 3 e no apartado 4 aparece valorada a competencia dixital, entendemos que é un erro e que un deses subapartados sería para títulos de idiomas diferentes a Escolas oficiais de idiomas. ACEPTADO. TRÁTASE DUN ERRO.
- Faltarían 2 prazas de sistemas electrónicos (590124) e de equipos electrónicos (590232) no Escola de Especialidades Estación Naval A Graña, ESENGRA (Ferrol – A Coruña). INCORPORADAS POLA ADMINISTRACIÓN.
- Volvemos a solicitar, aproveitando que a orde de prazas de convenio vén a Mesa Sectorial, que a Consellería dea resposta as reinvindicacións do persoal docente das aulas hospitalarias, que reclama, entre outras demandas, que se recoñeza o posto como especial dificultade, como xa se fixo con prazas similares, como as dos centros de menores, algo que non lle costaría nada a Administración.
Licenzas de formación
Intervención de CCOO Ensino
- Manifestamos o noso frontal rexeitamento á eliminación das licenzas por formación de carácter retribuído. Certo que non respondían ao modelo de licenza por formación que abogamos dende CCOO, xa que realmente se trataban de licenzas para a realización de materiais curriculares, pero a pretensión que ten a Consellería con esta orde é que se sigan solicitando, pero a custo 0, e eso resulta totalmente inaceptable.
- Exiximos, polo tanto, a recuperación do seu carácter retribuído, e que se aproveite a modificación incluída no borrador actual para recuperar as licenzas de formación que existían anteriormente. É decir, verdadeiras licenzas por formación, co obxectivo de mellorar a formación do profesorado permitindo unha maior cualificación académica e profesional.
- En consecuencia con todo o apuntado, solicitamos a retirada desta orde e que pase por mesa sectorial unha orde que integre tanto modalidades retribuídas como non retríbuidas, que neste último caso debe figurar mención no texto da orde, tanto no preámbulo como no articulado, ao Acordo de Medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo e as condicións laborais do profesorado, asinado polas organizacións sindicais CCOO, ANPE e UGT, polo cal se recuperaron e se regulan dende o curso pasado as licenzas por formación non retribuídas.
REXEITAN ESTE ANO OFERTAR LICENZAS DE FORMACIÓN RETRIBUÍDAS
Reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado
Intervención de CCOO Ensino
- Non compartimos que só se poda solicitar reintegro por dúas actividades formativas indicando incluso cal é a preferente. Cónstanos que os fondos dedicados a estes reintegros non se soen esgotar, polo que deberían cubrir a totalidade de actividades formativas realizadas.
- Solicitamos que non se restrinxa a posibilidade de reintegro de toda actividade de formación regrada ou equiparable que poidan ser recoñecidas ao abeiro da Orde de 14 de maio de 2013.
- Exiximos que se cubran os gastos de aloxamento e manutención, ademais de matrícula e desprazamento, xa que en moitos exercicios houbo remanente das cantidades destinadas a este tipo de reintegros.
- Solicitamos que a documentación para tramitar sexa a similar das actividades xa realizadas con respecto a outras a realizar, xa que consideramos que a documentación é excesiva con respecto ás actividades xa realizadas.
- Exiximos a presencia das organizacións sindicais na comisión de valoración.
NON VAN A MODIFICAR NADA DO BORRADOR DA ORDE DE REINTEGRO
Rolda final de intervencións
Intervención de CCOO Ensino
- Dende CCOO exiximos que a Administración traia a mesa sectorial o borrador de orde comisións de servizo para cubrir postos de escolarización en situacións de atención preferente, xa que se trata dun concurso necesario para asegurar a mellor resposta a un tipo de alumnado que precisa unha atención altamente especializada durante o seu período de escolarización por situacións diversas: trastornos graves de conducta, trastorno do espectro autista, pluridiscapacidade, dificultades graves da linguaxe, altas capacidades, etc.
Non convocar o concurso este ano emperoraría a atención deste tipo de alumnado, agravado ademais polo feito de que máis de 30 prazas convocadas o ano pasado quedaron desertas, sendo ocupadas en CADP por persoal que podía non contar co grado de especialización que demandaba este alumnado. Ademais, unha cantidade variable de prazas, ao ser voluntaria a renovación, puideron quedar sen docente no último proceso de renovación, e que serán cubertas tamén por CADP, e non por concurso de méritos, polo tanto por persoal sen esixencia de ningún tipo de formación ou cualificación.
Un último argumento para a convocatoria é a situación de inseguridade xurídica na que poderían atoparse os docentes, que segundo a pretensión anunciada pola Consellería, poidan renovar a comisión máis dun sexto curso.
A ADMINISTRACIÓN CONFIRMA QUE NON VAI A CONVOCAR O CONCURSO ESTE ANO
- Ante o erro cometido no CXT xeral de corpo de mestres, solicitamos que se dea solución, de forma rápida, á totalidade de recursos potestativos de reposición que previsiblemente se van a presentar, xa que tal situación foi creada pola Administración por non ter cumplido coa disposición adicional primeira da Orde de convocatoria de concurso de traslados de CXT de orientación de mestres.
A ADMINISTRACIÓN COMPROMÉTESE A RESOLVER O ANTES POSIBLE OS RECURSOS QUE SE PRESENTEN
- Demandamos información sobre a convocatoria de prazas de Asesorías e de CAFI e CFR para o curso 2025/26.
- Aproveitamos as ordes que se negociaron hoxe para apuntar que o procedemento de alegación a datos persoais debería estar aberto de forma permanente para todo o profesorado e non cada vez que haxa unha convocatoria na que se participe.
