Toda a información da comisión de persoal do 28 de novembro de 2025

Carreira profesional

A CIG volve votar en contra de que se abra un novo grao de carreira profesional extraordinaria. Se polo “SINDICATO DO NON” fose, deixarían sen cobrar o complemento de carreira a milleiros de traballadores e traballadoras desta Administración.

Na Comisión de Persoal do 28 de novembro aprobouse o Acordo (co voto a favor de CCOO) que permitirá a convocatoria dun novo grao de carreira profesional extraordinaria (I, II ou III segundo o que corresponda en cada caso) para o persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia.

O Acordo publicarase no DOG o día 2 de decembro de 2025 e o prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte e permanecerá aberto ata o 30 de decembro de 2025.

As porcentaxes de cobro do complemento serán as seguintes:

  • 2025: 35% (con efectos económicos e de recoñecemento retroactivos a 1 de xaneiro de 2025)
  • 2026: 70% (a cobrar desde 1 de xaneiro de 2026)
  • 2027: 100%

Os atrasos do ano 2025 aboaranse nunha nómina complementaria no mes de xaneiro ou febreiro de 2026 en función da resolución das solicitudes. Ademais, tamén se percibiran os atrasos correspondentes á suba salarial pactada a nivel estatal a principios de xaneiro de 2026.

Os requisitos de formación (ademais de ter a antigüidade requirida) serán 40 horas para o Grao I, 80 horas para o Grao II e 120 horas para o Grao III.

Haberáconvocatorias extraordinarias durante os anos 2026, 2027 e 2028 para todos aqueles que non poidan solicitar o grao na convocatoria de 2025 por non cumprir algún dos requisitos.

Por último, nesta comisión de persoal tamén quedou aprobado (obviamente co voto en contra da CIG) o Decreto que regulará a carreira profesional con carácter ordinario na Xunta de Galicia que despregará todos os seus efectos no ano 2029, que será no que se publique a primeira convocatoria de carreira ordinaria.

Neste Decreto é onde se garante o “entronque” entre a carreira extraordinaria e a ordinaria mediante as convocatorias dos anos 2026, 2027 e 2028 co obxectivo de que se alguén non cumpre os requisitos para pedir a carreira no 2025, poida facelo nos sucesivos anos.

Seis anos despois de establecer mediante o acordo de concertación social asinado por CCOO a carreira profesional para todos os empregados e empregadas públicas da Xunta de Galicia, hoxe vimos a culminar este proxecto coa apertura dun novo grado extraordinario que supón un importante incremento retributivo nas nóminas dos empregados e empregadas públicas desta administración.

Grupo/Subgrupo(RDL 5/2015)Importe anual
A1/I2.856,67
A2/II1.999,24
B1.424,70
C1/III1.257,96
C2/IV1.094,40
E (Lei 30/1984) e agrupacións profesionais /V884,24

Estas cantidades son as correspondentes a cada un dos grados para o ano 2025 e están incrementadas nun 2,5% froito do acordo de suba de retribucións pactado a nivel estatal para os anos 2025-2028.