O 1 de agosto de 2025 tivo lugar a xuntanza da Comisión de Persoal ordinaria na que se trataron os seguintes puntos da orde do día:
1. Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da ATRIGA
O voto de CCOO foi a ABSTENCIÓN. Aínda que esta modificación de RPT trae cousas positivas como a subida salarial de determinados postos, non podemos compartir o argumento de que se suban os complementos específicos só a uns elexidos.
2. Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública
O voto de CCOO foi a ABSTENCIÓN. Aínda que recoñecemos que ten un lado positivo pola creación de postos e a trasformación de prazas de programas en prazas de es-tructura, así como o incremento salarial de postos das escalas de letrados e esta-dísticos, non podemos votar a favor dunha modificación de RPT onde a subida sala-rial é “sectaria”, marcando aínda máis a diferencia salarial entre o persoal da Xunta de Galicia.
3. Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia
O voto de CCOO foi a A FAVOR. Recoñecemos a rectificación de Emprego Público ao retirar desta modificación as 14 prazas de perfil agronómico que pretendía abrir aos corpos de enxeñaría de montes e enxeñaría técnica forestal.
4. Proposta de Modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
O voto de CCOO foi a ABSTENCIÓN. Admiten algunha alegación de CCOO, pero non pode-mos votar a favor dunha modificación que abre postos a outras administracións e coa apertura de determinados prazas a LD.
5. Rolda aberta de intervencións
A Directora Xeral de Emprego Público matiza a información facilitada nna Mesa sec-torial de funcionarios do pasado 28 de julio: o pagamento do 0,5% para os emprega-dos e empregadas públicas que neste momento non estean en servizo activo, pero que si o estaban durante o período que da dereito ao cobro con carácter retroactivo do 0,5%, no 2024 e 2025, realizaráselles de oficio. Aquelas persoas que, por erro, non reciban este pagamento, terán que solicitalo solicitalo mediante a presenta-ción dunha solicitude xenérica PR004A dirixida á Secretaría Xeral Técnica da últi-ma Consellería na que prestaron servizo.

