Publicados os novos criterios de acreditación estatal para corpos docentes universitarios

Publicáronse os novos criterios de acreditación para corpos docentes universitarios. Nesta ligazón podedes ver as novidades e aquí, o texto completo.

Celebramos que se tomaran en consideración algúns dos aspectos que destacamos no noso último comunicado, como a eliminación de certos requisitos mínimos e criterios de duración, por exemplo, no apartado de transferencia. Porén, desde ANECA sinálase que se analizaron todas as achegas recibidas, pero non podemos ter constancia disto nin das que ao cabo tiveron a vontade de incluír no documento final.

CCOO lamenta que, malia os cambios na dirección de ANECA, se continúe pola senda da falta de negociación coa representación dos traballadores e traballadoras elixidos democraticamente.