Telepresencial por Google Meet. 8 horas. Pódese asistir presencialmente no CEIP Manuel Sueiro.
Horario:
- Luns 22 de abril, de 17:00 a 21:00
- Luns 29 de abril, de 17:00 a 21:00
Custo:
- De balde
Prazas: 60.
Prazo de matrícula: ata completar prazas.
Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Para recibir o certificado de participación os inscritos deberán asistir ao 85% da duración do curso e realizar as actividades propostas.
RELATORES
- Martínez Alonso, Manuel (secretario e orientador)
- Martínez García, Rubén
OBXECTIVOS
- Coñecer as principais partes e apartados dunha programación e dunha unidade didáctica en Primaria.
- Comprender as peculiaridades das programacións no marco lexislativo actual (Decreto 155/2022 e PROENS).
- Coñecer estratexias para elaborar os discursos da defensa de programación e das unidades didácticas.
CONTIDOS
- A programación: que é? Para que serve?
- Importancia de programar a práctica do ensino-aprendizaxe.
- Os niveis de concreción curricular e principal lexislación de referencia para elaborar a programación.
- O proceso de elaboración da programación: apartados e compoñentes principais.
- O proceso de elaboración da unidade didáctica: apartados e compoñentes principais.
- A defensa dunha programación e dunha unidade didáctica durante un proceso de concurso-oposición.
- Trucos e estratexias para enfrontarse ao proceso das oposicións: experiencia dun membro de tribunal.