Liderado educativo para impulsar a innovación nos centros

En toda Europa espérase que os equipos directivos dos centros educativos sexan motores de cambio, impulsen novas ideas e fomenten a innovación. Porén, transformar esas iniciativas en prácticas sostibles segue sendo un gran reto.

A miúdo, os proxectos innovadores comezan con entusiasmo, pero perden forza cando cambian as prioridades, se reducen os recursos o se esvaece o pulo inicial. Mesmo os equipos con máis experiencia poden topar dificultades para integrar a innovación como parte estable da vida do centro.

Conscientes desta realidade, as organizacións e sindicatos da educación de España que formamos parte do Comité Sindical Europeo da Educación (CSEE), xunto con asociacións de profesorado de Bulgaria e Eslovenia, participamos nunha investigación europea sobre «Liderado dos equipos educativos para a innovación».

O obxectivo é identificar as competencias clave que lles permiten aos equipos directivos —e a todas as persoas que os integran— deseñar, poñer en marcha e manter innovacións duradeiras. Estas competencias abranguen coñecementos, habilidades prácticas e actitudes persoais que resultan esenciais para impulsar e soster o cambio educativo no tempo.

Axúdanos cubrindo o cuestionario de maneira anónima facendo clic aquí