Ata o 31 de marzo está aberto o segundo prazo para a solicitude de habilitacións para impartir docencia en centros privados concertados.
De acordo co artigo 12.1 da Orde do 22 de xullo de 2020, as solicitudes (anexo I) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Tamén poderán cubrirse na páxina web da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Acreditación do dominio de idioma para impartir a materia de Lingua estranxeira (ESO/BTO)
De conformidade coa modificación do Real Decreto 860/2010 realizada polo Real Decreto 187/2023, o dominio da lingua deberá xustificarse con calquera certificado que acredite un nivel C1 ou C2 do Marco Común Europeo de Referencia para as linguas.
Solicitude de novas materias (LOMLOE)
Para solicitar as materias do novo plan educativo nos niveis de primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato, unha vez creada a solicitude, deberá elixir o plan educativo LOMLOE.
Habilitación de oficio das materias do novo sistema educativo
O 3 de xuño de 2022 publicouse no DOG a Orde do 27 de maio de 2022 pola que se desenvolve a normativa para o exercicio da docencia nos centros privados nas ensinanzas de infantil, primaria, ESO, bacharelato e FP, e se establece o procedemento de habilitación coa finalidade de habilitar de oficio nas novas materias LOMLOE.