Mesa delegada da mesa xeral de empregados e empregadas públicas.
O 5 de marzo de 2026 tivo lugar a reunión desta mesa de negociación na que CCOO votou EN CONTRA dos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2025 principalmente porque a Administración non aceptou a nosa proposta relativa ao pagamento mensual da axuda para a atención de persoas con discapacidade para todo o persoal da Administración (persoal laboral e persoal funcionario).
Con respecto á proposta dos anos anteriores, só cambia o nivel das rendas anuais das persoas causantes, que pasa dos 14 000 euros aos 15 120 anuais e non cambia a contía da axuda que segue en 2160 euros por causante, exactamente igual que nos últimos catro anos.
Polo que respecta á nosa proposta de que se incluísen na proposta deste ano todas as axudas que se recollían no fondo do ano 2011 e que a dotación mínima do fondo se incrementase ata o 1 % da masa salarial, a representación da Administración manifestou que iso non era posible xa que este deriva do establecido na lei de orzamentos deste ano.
Ademais das alegacións contestadas, a administración non contestou ás seguintes alegacións formuladas por CCOO:
- Que, tal e como viñamos demando dende había anos, necesitabamos coñecer os motivos polos que se continúa suprimindo da proposta deste ano o apartado 6.3 relativo aos criterios de reparto do remanente resultante despois de garantir a percepción da contía mínima establecida.
- Que, de acordo co que viñamos demandando de hai anos, se debería solicitar ao Ministerio de Facenda que baixe as retencións practicadas ás axudas concedidas.
Para finalizar a representación da administración manifestou o seguinte:
- Que o persoal laboral funcionarizado vaino seguir cobrando como se fose persoal laboral.
- Que formularán algunha modificación a través da Lei de orzamentos do próximo ano (quedaron en mandar a proposta).
- Que intentarían publicalo a finais de marzo e que mandarían un correo electrónico uns días antes da publicación.

