As organizacións representativas na Mesa de Negociación do Persoal Docente Non Universitario esixen o cumprimento dos compromisos

As organizacións sindicais remitimos unha carta á ministra de Educación, Pilar Alegría, na que esiximos que se respecte a Mesa de Negociación do Persoal Docente Non Universitario e se negocien nela todos os temas que afectan ao profesorado. Tamén demandamos o inicio inmediato das negociacións comprometidas polo Ministerio para este curso.