Día mundial da loita contra a SIDA – 2024

O 1 de decembro, Día mundial da loita contra a SIDA, é unha data clave para reflexionar sobre os avances e desafíos na loita contra o VIH. A nivel mundial, máis de 37 millóns de persoas viven con VIH, e en España, segundo datos do Ministerio de Sanidade, rexístranse anualmente arredor de 3500 novos casos.

Aínda que os avances médicos permiten que moitas persoas leven unha vida plena grazas aos tratamentos antirretrovirais, a prevención segue sendo esencial para frear a transmisión do virus. Do mesmo xeito, é fundamental garantir que todas as persoas teñan acceso aos servizos de saúde necesarios, sen discriminación nin estigmatización.

En CCOO Ensino cremos que a educación afectivo-sexual nas aulas é fundamental para concienciar ás novas xeracións sobre a importancia da prevención e do respecto ás persoas que viven con VIH. Como sindicato do ensino, comprometémonos a promover programas educativos que fomenten a igualdade, a inclusión e a saúde sexual responsable.

Neste día, lembramos a todas as persoas que perderon a vida a causa do SIDA e reafirmamos o noso compromiso na loita contra esta enfermidade. Instamos ás autoridades educativas e sanitarias a reforzar as políticas de prevención e a garantir que o alumnado teña acceso a información veraz e actualizada. Só a través da educación e do respecto aos dereitos humanos poderemos avanzar cara a un futuro libre de VIH.