Unha ferramenta para a información e prevención dos riscos psicosociais dirixida a todo o persoal educativo.
Dada a importancia da saúde mental e dos riscos psicosociais no labor educativo, docente e non docente, a Federación de Ensino de CCOO aproveita unha data sinalada como o 10 de outubro, Día Mundial da Saúde Mental, para presentar un material de plena actualidade e grande utilidade para todo o persoal educativo.
O Semáforo da Saúde Mental educativa é unha ferramenta informativa e práctica que permitirá a todas as persoas que traballan no ámbito educativo valorar a situación en que se atopan na actualidade e tomar as medidas necesarias para mellorala.
Isto reforza o traballo e o compromiso que a Federación de Ensino leva tempo dedicando ao obxectivo de coñecer a situación laboral do profesorado, coidar da súa seguridade e saúde no ámbito laboral, e ofrecerlle unha serie de ferramentas e estudos que axuden a melloralas.
Consulta toda a información no díptico O semáforo da saúde mental educativa.