CCOO esixe a inmediata renovación dos novos concertos sanitarios para as e os empregados públicos e garantizar a súa calidade

O sindicato reclama ao ministro Óscar López un proceso de diálogo real sobre o financiamento e a dotación orzamentaria para a nova licitación dos concertos sanitarios de MUFACE, MUGEJU e ISFAS, e asegurar algo tan importante como a saúde das persoas.
Por mor da reunión mantida entre o Ministerio para la Transformación Digital y Función Pública coas aseguradoras para darlles a coñecer as novas condicións do concerto, na que o Goberno propuxo unha subida da prima do 14% para os próximos dous anos, desde CCOO atopámonos traballando internamente respecto ao próximo concerto sanitario de MUFACE, pero tamén de MUGEJU e de ISFAS, para que, cun financiamento adecuado, poida ofrecer unha atención sanitaria eficiente e de calidade, non para que as aseguradoras se lucren.

Tras a firma do último concerto sanitario de MUFACE, MUGEJU e de ISFAS vimos denunciando que os servizos que ofrecen a través das compañías asistenciais coas que teñen subscrito concerto non cumpren cos parámetros de calidade establecidos, como tampouco o fan coas prestacións que están obrigadas a ofertar conforme ao recollido na Carteira Nacional de Servizos e os concertos sanitarios.

Neste sentido, son destacables os recortes nos cadros médicos, a escaseza de centros asistenciais, a eliminación de clínicas e especialidades médicas (como as de oncoloxía e radioterapia), a cobranza dalgunhas probas médicas ás persoas mutualistas, o atraso no abono da prestación por incapacidade temporal cando o persoal funcionario se atopa en situación de baixa, o gasto que se produce polo copagamento para paliar a diferenza no gasto farmacéutico ao chegar á idade de xubilación entre as persoas mutualistas e as persoas adscritas ao Réxime Xeral da Seguridade Social e o recorte das axudas sociais nestes últimos anos, polo que é urxente unha revisión e actualización.

Desde CCOO cremos que o orzamento de que se dota a estes organismos é insuficiente para garantir algo tan importante como a saúde das persoas. Por iso, dirixímonos á secretaria de Estado de Función Pública, Clara Mapelli, e ao ministro, Óscar López, para manter unha reunión e esixirlles que analicen e avalíen adecuadamente os gastos da asistencia sanitaria para que poidamos recuperar a totalidade das prestacións suprimidas ou recortadas desde 2012, en especial as axudas sociosanitarias. Así mesmo, esiximos que o pago dos medicamentos por parte das persoas mutualistas xubiladas sexa o mesmo que o de quen se beneficia do Réxime Xeral da Seguridade Social, cunha dotación que incremente os orzamentos xerais para 2023 e adaptados á situación actual que hai no noso país tras o importante incremento da inflación acumulada durante os últimos anos.