CCOO ensino demanda unha xuntanza urxente coas consellerías de educación e sanidade para aclarar incógnitas do proceso de vacinación dos traballadores e traballadoras dos centros educativos

Presentamos escrito por rexistro para poñer data desta xuntanza. É prioritario aclarar por unha parte, cal vai a ser o plan a seguir no tocante á administración da segunda dose ao persoal que foi vacinado con Astrazeneca, xa que en pouco tempo se cumplirán as doce semanas desde a incoculación da primeira dose así como tentar de informar sobre os prazos previstos de vacinación dos diferentes tramos de idade de xeito que se saiba aproximadamente as datas correspondentes.

A Consellería segue a incumplir a Lei de Prevención de Riscos Laborais en plena pandemia

As denuncias de CCOO ante a Inspección de Traballo poñen ao descuberto á pasividade e inobservancia da Consellería de Educación ante a prevención de riscos laborais dos seus traballadores/as: soamente realizou a avaliación de riscos á que obriga a Lei de Prevención de Riscos Laborais en 24 de aproxidamente 1200 centros educativos de titularidade pública da Comunidade Autónoma.

Comunicado conxunto de DE CIG-ENSINO, CCOO-ENSINO, ANPE E FESP-UGT sobre o documento de priorización de colectivos e consideracións sobre a vacinación do persoal dos centros educativos

‌  PREME PARA DESCARGAR O DOCUMENTO DE PRIORIZACIÓN

A Consellería de Educación e as organizacións sindicais con representación na Mesa Sectorial vimos de consensuar uns criterios de priorización de colectivos dentro do persoal docente maior de 55 anos que tamén se aplicarán ao persoal non docente e do ensino privado de todas as idades. Non serán de aplicación aos docentes de 55 anos ou menor idade xa que como xa se iniciou, provocaría una maior retraso na vacinación.

CCOO REXEITA O PLAN DE FORMACIÓN PARA A PREVENCIÓN DA COVID NOS CENTROS PRESENTADO POLA CONSELLERÍA NO COMITÉ INTERCENTROS DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL

A Consellería fai balance no Comité Intercentros de Seguridade e Saúde Laboral celebrado hoxe das medidas tomadas nos centros educativos durante o primeiro trimestre. CCOO-Ensino non pode valorar máis que negativamente a xestión da pandemia realizada por esta administración.

Velaqui podes ver o resumo da intervención de CCOO-Ensino na xuntanza