A inspección de traballo volve constatar un novo incumprimento flagrante da Lei de Prevención de Riscos Laborais por parte da Consellería de Educación

Como resultado da denuncia presentada por CCOO-Ensino, a Inspección de Traballo, na reunión celebrada o luns, 31 de xaneiro, en presenza das organizacións sindicais, volveu constatar a nula importancia que a Consellería de Educación outorga á prevención de riscos laborais dos seus traballadores/as. A requirimento da Inspección de Traballo, a Consellería de Educación debía proporcionarlle nesta reunión á representación legal … Ler máis

CCOO Ensino demanda desdobramentos e máis profesorado para atallar o crecente número de positivos por COVID nos centros educativos

O sindicato xa advertira ao inicio de curso que era unha temeridade por parte da Consellería reducir a distancia interpersoal de 1,5 metros a 1,2 coa mera intención de recortar profesorado e aumentar as ratios nas aulas.

Na actualidade, con máis dun centenar de aulas pechadas e os preto de 1500 positivos por COVID, a realidade amosa que as medidas adoptadas pola Consellería son insuficientes para seguir loitando contra a pandemia.

 

Sanidade chamará ao persoal dos centros educativos para a segunda dose en breve cumprindo coa pauta de 16 semanas

  • Será obrigatorio asinar o consentimento informado tanto se a persoa decide que se lle vacina con AstraZeneca ou con Pfizer 
  • Cada persoa recibirá un SMS coas ligazóns a dous consentimentos informados. Desde CCOO ensino recomendamos levalo asinado ao fin de axilizar o proceso ( Consentimento Informado AstraZeneca  Consentimento Informado Pfizer ) aínda que se poderá asinar no centro hospitalario correspondente.
  • Vacinarase na área sanitaria onde se administrou a primeira dose.

 

CCOO ENSINO mantén a postura trasladada a Saúde Pública de permitir recibir a 2ª dose de AstraZéneca a toda a persoa que así o solicite

Ante a posibilidade de incoluar con Pzifer como 2ª dose ás persoas que recibimos a 1ª dose de AstraZéneca, para completar o proceso de vacinación, CCOO ensino manifestamos a postura que trasladamos a Saúde Pública e que coincide coa opinión da propia Consellería de Sanidade, que é aplicar a directriz da EMA e completar a inmunización coa mesma vacina

Retómase a vacinación dos colectivos esenciais

  • A partir do luns, 10 de maio, retomarase a vacinación do persoal que traballa nos centros educativos. Na actualidade, os maiores de 60 anos deberan estar vacinados. Os menores de 59 anos serán chamados nas vindeiras tres semanas e vacinaranos con Pfizer ou Moderna (e, se o permiten, tamén con Janssen). Os maiores de 60 que están pendentes da segunda dose  recibirán AstraZeneca nas 12 semanas previstas. A todo o persoal menor de 59 anos que recibiu a primeira dose de AstraZeneca esperarase un mes máis (co cal, será ás 16 semanas como pronto) para administrarlle a segunda dose, pero NON ESTÁ DECIDIDO con que vacina.