CCOO-Ensino denuncia que a Consellería de Educación atrasa “SINE DÍE” a valoración das traballadoras e traballadores especialmente sensibles á COVID19

Centos de solicitudes de traballadores/as da Consellería de Educación para ser cualificados como persoal especialmente vulnerable á covid acumúlanse nas catro provincias, sen que se inicie a súa tramitación por parte dunha Consellería absolutamente “desbordada”. Denunciamos como raíz deste problema, como xa se fixera no mes de maio, a escasa dotación dos servizos de prevención de riscos laborais da Consellería … Ler máis

Nova versión do protocolo de adaptación ao contexto COVID-19

‌ Preme para acceder ao protocolo en pdf ‌ RECOMENDACIÓNS SOBRE A VENTILACIÓN EN CENTROS EDUCATIVOS O cambio principal no protocolo é que: "Os conviventes dunha persoa con síntomas compatibles coa COVID (alumno/a ou profesional) que se encontre á espera do resultado, evitarán as interaccións sociais que sexan prescindibles ata que se confirme o resultado, pero non será necesario que garden corentena … Ler máis

Modelo de Declaración Responsable para persoal que conviva con algunha persoa sospeitosa de padecer a COVID 19

O apartado 2.A.3. do Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, versión 16-09-2020, establece:

"Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumnado ou o persoal do centro que convivan con elas non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro".

Os días que o persoal docente e non docente non poida acudir ao centro por esta circunstancia, xustificará a ausencia cunha declaración responsable (descargar modelo en PDF editable)

Campaña de vixilancia da saúde para o persoal dos centros educativos 2020-21

‌ É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

‌ A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará logo da solicitude das persoas interesadas. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición dos traballadores e das traballadoras.

‌ A inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade na seguinte ligazón: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal 

Mais información na seguinte ligazón

CCOO-Ensino demanda a Consellería a realización das probas da COVID-19 a todas e todos os traballadores aos que non se lle realizou, incluídos os temporais

En escrito presentado á Conselleria, CCOO-ensino demanda  se  proceda a realizar o cribado da COVID-19 a todo o persoal que aínda non se lle realizou, nomeadamente ( PSEC, profesorado interino e substituto) dando así cumprimento ao establecido no apartado 2.1 do protocolo de adaptación dos centros escolares ao contexto da COVID-19

CCOO ENSINO ESÍXELLE Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN O REFORZAMENTO DO SERVIZO PÚBLICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS ANTE O REINICIO EN SETEMBRO DA ACTIVIDADE EDUCATIVA PRESENCIAL

CCOO-Ensino ten coñecemento da realización nalgúns centros educativos da avaliación de riscos laborais de postos de traballo pola empresa privada Cualtis.

A Federación de Ensino de CCOO entende e reclama que esta avaliación deben realizala os servizos de prevención propios da Consellería de Educación, para o cal esixe a dotación de recursos humanos e económicos a estes servizos e que deixen de estar reducidos á súa mínima expresión por anos de contención de investimento público polos gobernos do Partido Popular en Galicia, demostrando a pouca importancia outorgada pola Administración á saúde  do seu persoal de servizos educativos.