CCOO denuncia o uso interesado das informacións por parte da administración sobre a OPE deste ano e esixe a súa convocatoria.

Despois das novas que xurdiron na día de onte tras a xuntanza do MECD coas comunidades autónomas na que se comunicou que ao non ter aprobados os Orzamentos do Estado do ano 2017 non se pode facer a convocatoria de oposicións e postos en contacto coa Consellería, esta nos comunica que están a valorar  a situación no ámbito xurídico  e que o transmitiran na mesa sectorial convocada para o xoves día 2.

 

CCOO-Ensino considera que a administración debera buscar unha solución, que está nas súas mans, que permitira a convocatoria dos procesos selectivos aínda que non se tiveran aprobado os Orzamentos do Estado de 2017. e deberá convocar a OPE para este curso.

 

CCOO-Ensino considera que a administración está a xogar cos aspirantes a ditas prazas, emitindo informacións de diverso signo dependendo dos seus intereses usando a convocatoria con caracter publicitario e de autobombo según lle interese.

NEGOCIACION XV CONVENIO CENTROS E SERVIZOS DE ATENCIÓN A PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Dende CCOO queremos que os Traballadores e Traballadoras dos Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade formen parte da negociación das súas novas condicións laborais que se plasmaran no XV CC de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade.

A través deste formulario podes facernos as túas achegas as cales levaremos a mesa negociadora.

https://docs.google.com/a/galicia.ccoo.es/forms/d/e/1FAIpQLSchCL8xzoJK2-s-d8jbFhydZ8SG5rfgt4GaFF0BR86tz1tVOA/viewform

 

Podes consultar o documento de propostas de CCOO para o XV Convenio Colectivo Xeneral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade

NEGOCIACIÓN X CONVENIO ESTATAL DE CENTROS DE ENSINO PRIVADO DE REXIME XERAL OU ENSINANZA REGRADA SEN NINGUN NIVEL CONCERTADO OU SUBENCIONADO

Dende CCOO queremos que os traballadores e traballadoras dos Centros de Ensino Regrado Privado sen Concerto nen Subencións formen parte da negociación das súas novas condicións laborais que se plasmarán no X Convenio Estatal De Centros De Ensino Privado De Rexime Xeral Ou Ensinanza Regrada Sen Ningun Nivel Concertado Ou Subencionado.

A través deste formulario podes facernos as túas achegas as cales levaremos a mesa negociadora.

https://docs.google.com/a/galicia.ccoo.es

NEGOCIACIÓN VIII CONVENIO COLECTIVO DE ENSINANZA E FORMACIÓN NON REGRADA

Dende CCOO queremos que os traballadores e traballadoras dos Centros de Ensino e Formación Non Regrada sen Concerto nen Subencións formen parte da negociación das súas novas condicións laborais que se plasmarán no VIII Convenio Estatal De Centros De Ensino e Formación Non Regrada.

A través deste formulario podes facernos as túas achegas as cales levaremos a mesa negociadora.

https://docs.google.com/a/galicia.ccoo.es/forms/d/e/1FAIpQLSfYG_EW-yIKi-uEju15rb2eUpmLDcZF7k82Ami7THIxogk72w/viewform

A Consellería de Educación convoca prazas para docentes en 25 especialidades

A Consellería de Educación convocará prazas nas oposicións de docentes en 25 especialidades  de docencia diferentes.

En concreto, convocaranse prazas de mestre en todas as especialidades. No referido ao profesorado de Secundaria, haberá oferta en doce especialidades e para o profesorado técnico de FP serán cinco as especialidades convocadas

CCOO-Ensino denuncia que unha vez mais esta Consellería despreza aos axentes sociais ao terse comunicado as especialidades que seran obxecto de OPE na súa páxina web  sen previa comunicación das mesmas.