Demos nome de muller aos nosos centros educativos

Dende a Federación de Ensino de CCOO de Galicia, celebramos o vindeiro 8 de marzo, Día das mulleres, cunha proposta de promover o uso de nomes de mulleres que destacaron e destacan no ámbito público a través darlle os seus nomes aos nosos centros educativos.

Queremos visibilizalas para que a sociedad e, en especial, o alumnado, entendan que as mulleres achegamos á humanidade moitas outras sabedorías, ademais da do coidado das persoas. E queremos revalorizalas para que nosas estudantes teñan modelos nos que fixarse, que lles dean confianza en si mesmas e nas súas capacidades, sen restrición de ámbitos. 

 

Mesa Sectorial docente non universitaria. Xoves 2 de marzo

Nesta mesa, CCOO-Ensino, esixirá unha OPE nde saian todas as prazas estruturais como vimos esixindo nas últimas semanas (ver nova) Tamén se tratará a orde de directores, na que esixiremos garantías para que o profesorado que o desexe poida acceder á dirección dun centro educativo. (ver nova ao respecto)   Ver borrador Orde de Directores Ver orde oposicións 2017 Ver infórmaTE … Ler máis