CCOO-Ensino denuncia que non se despexen as dúbidas acerca das oposicións

A pesar do anuncio das prazas por parte da Consellería de Educación, esta mañá na mesa sectorial, ésta NON DEPEXA AS DÚBIDAS da convocatoria, e manifesta que están á espera do desbloqueo da situación co MECD.

Por este motivo, CCOO-Ensino, califica de vergonzosa esta actuación da Consellería xa que mantén a incertidume sobre os procesos selectivos, co conseguinte prexuízo para os miles de opositores e opositoras.