A FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA, SINDICATO DE ESTUDIANTES, IESGA e STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.
Un goberno en minoría pretende seguir desenvolvendo a LOMCE despois de que o parlamento aprobara por ampla maioría unha proposición de lei para derrogala. De nada valen as boas palabras e promesas dun pacto educativo cando os feitos van en camiño contrario:
- Presentación dun recurso no TC para que a proposición de lei para derrogar a LOMCE non sexa tramitada no Congreso dos Deputados. Vulneran así a separación de poderes e actúa así desprezando á comunidade educativa e ao poder legislativo onde reside o poder popular.
- Mantemento dos recortes en educación como pode verse nos compromisos con Bruxelas. Chegaremos ao 3,9% se non o remediamos antes. Máis de 9.000 millón recortados e seguimos sumando.
- Incremento da temporalidade nos cadros de persoal docente.
- Paralización , que non derrogación, das reválidas a espera do Pacto
- Ralentización dos traballos da subcomisión parlamentaria que estivo paralizada dous meses e medio cando a súa vida é de 6 meses como máximo.
- Retraso nos orzamentos do estado, así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación nos orzamentos galegos, que impiden a reversión dos recortes en educación non garantindo a igualdade de oportunidades e afondando na desigualdade.
- Xestión antidemocrática dos centros co desprezo a todos os sectores da comunidade educativa.
- Aínda se descoñece a proba de acceso á universidade a 3 meses da súa realización polo noso alumnado.
- Bolsas do Ministerio de Educación sen cobrar no último trimestre do curso co único obxectivo de expulsar a aquel alumnado que non se podía pagar os estudos universitarios.
As mobilizacións que fomos convocando e que culminaron coa folga do 26 de outubro fixeron posible a paralización temporal das reválidas. A resposta social obrigounos a tomar unha decisión que non querían. Este goberno só entende unha língua e nós estamos dispostos a seguir falando no mesmo idioma: a folga.
Unha folga contra os recortes en educación, contra a LOMCE e a contrarreforma universitaria, unha folga contra a demolición da escola pública e a favor dun sistema educativo máis xusto e equitativo que garanta a igualdade de oportunidades, un sistema educativo para todos e para todas sen excepción.
A loita abarca dende a educación infantil ata a Universidade. Seguimos esixindo:
- A derrogación da LOMCE e do RD 3-2
- O diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente;
- A reversión dos recortes;
- Incremento dos orzamentos dedicados a educación;
- A recuperación dun sistema de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades;
- Un ensino que respecte e valore a nosa lingua;
- A eliminación das prácticas non remuneradas na FP;
- A recuperación dos cadros de persoal docentes;
- A dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino;
- A derrogación das contrarreformas universitarias;
- O freo á privatización do sistema educativo…
Ao goberno do PP e a todos aqueles que nos din que non é momento para folgas porque hai que darlle un voto de confianza e deixar traballar á Subcomisión Parlamentaria na consecución dun Pacto Educativo, pedímoslles que non traten de confundir á cidadanía, pois sen loita non pode haber avances. Non facemos folga contra a subcomisión parlamentaria senón contra as políticas educativas dun goberno sen norte. Mentres se traballa a prol do Pacto deben cesar os recortes en educación e deben darse pasos en busca de acordos, cousa que o PP non fai.
Por todo isto convocamos esta folga xeral educativa o próximo 9 de marzo, e chamamos a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala e a participar nas seguintes mobilizacións:
CIDADE |
HORA |
LUGAR de SAÍDA |
A Coruña |
12.00 |
Pza. da Palloza |
Ferrol |
12.00 |
Edificio da Xunta |
Santiago |
12.00 |
Alameda |
Vigo |
12.00 |
Pza. América |
Ribeira |
12.00 |
IES nº1 |
Ourense |
19.30 |
Subdelegación do Goberno |
Lugo |
12.00 |
Edificio Multiusos (Concentración) |
NON Á LOMCE!
NON AOS RECORTES EN EDUCACIÓN!
POR UNHA ESCOLA PÚBLICA INCLUSIVA E DE CALIDADE
POLO DEREITO Á EDUCACIÓN.