17 de Maio de 2017, Día das Letras Galegas

Co gallo do Día das Letras Galegas, anunciámosvos que mañá, día 17, terá lugar unha manifestación en defensa do galego, que sairá da Alameda de Santiago, ás 12 horas. 

Covoca a plataforma "Queremos Galego". E o lema é: "En galego sen límites".

Reválidas de 6º de primaria e 4º de ESO

 

Sinatura VIII convenio colectivo de Formación e Ensinanza non Regrada

O día 3 de abril de 2017 produciuse a sinatura do VIII Convenio de Ensinanza e Formación Non
Regrada, suscrito polas organizacións sindicais CCOO e FeSP-OuGT, e por todas as Patronais
representadas na Mesa Negociadora, CECAP, CECE, A CADE-FECEI e ANCED.
A Federación de Ensinanza de CCOO, sindicato maioritario do sector, valora de xeito moi positivo o
acordo alcanzado tras un intenso e complexo proceso de negociación, no que finalmente, gracias
ao esforzo das partes negociadoras, foi posible unha firma que conleva a revisión das condicións
salariais e laborais, cunha necesaria actualización lexislativa xeral e clasificación profesional entre
os aspectvos máis destacados.

O convenio que será de aplicación tras a súa publicación no BOE, supón a regulación dun
importante sector de ensinanaza privada, e no que destacamos os aspectos máis relevantes:
Ámbito de aplicación temporal ata o 31 de Diciembro de 2018..
Revisión Salarial
2015 subida salarial 0.5%
2016 subida salarial 1,5%
2017 subida salarial 2%
A suma destas subidas salariales supón algo máis do 4% sobre os salarios actuales e o CPP
(Complemento de Perfeccionamiento Profesional).
A subida salarial ten carácter retroactivo, e polo tanto as empresas deberán pagar os atrasos de
2015, 2016 e os meses que levamos de 2017. Aínda que, as empresas poderán pagar os a t rasos
correspondentes os seus traballadores no prazo de tres meses (a partir da data de publicación no
BOE) e fraccionar as cuantías con carácter retroactivo en tres pagos dentro deses tres meses.
Compromiso de acordar as táboas de 2018 antes do 31 de diciembro de 2017.
Dereito a acumular as horas de lactancia: 15 días laborables.

 

Miles de persoas demandaron neste Primeiro de Maio en Galicia que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía

CCOO e UGT convocaron manifestacións na Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, … Ler máis

PROGRAMA REENCONTROS NA CASA

As axudas consistirán no financiamento parcial do custo da viaxe desde os seus países de residencia ata Galicia e de retorno ao dito país das persoas emigrantes galegas que carezan de recursos.

O prazo de presentación remata o día 2-5-2017