CCOO Ensino denuncia irregularidades dos tribunais que xulga o procedemento selectivo na especialidade de Tecnoloxía
Con data de hoxe os tribunais que xulgan os procedementos selectivos da especialidade de Tecnoloxía, veñen de publicar unha aclaración aos criterios de avaliación publicados antes da realización da parte A da primeira proba. En realidade esta publicación ven a supor un cambio de criterios de avaliación unha vez realizada a mesma. O tribunal equivócase pretendendo solucionar a inclusión dun exercicio irresoluble mediante un cambio de criterios de avaliación.
