CCOO-Ensino quere compartir co profesorado galego a situación que está a producirse na MESA SECTORIAL DOCENTE:
- Coa desculpa da crise económica, o ataque ás condicións laborais do profesorado vén sendo continuo dende 2010.
- A negativa da Consellería de Educación a abrir calquera negociación impediu reverter esta situación.
- Nas últimas semanas, algunhas organizacións sindicais presentamos estudos detallados –dos que hai copia nos centros– que demostran que as táboas salariais do profesorado galego están absolutamente desfasadas con respecto ás do resto das comunidades autónomas. Polo tanto, demandamos a apertura inmediata dunha negociación salarial para situar outra vez os docentes galegos nunha posición equivalente ou superior á que ocupabamos tras os acordos de homologación de 2003 e 2006.
- Na primeira reunión (22 de maio) a Consellería ofertou 50 euros en tres prazos entre 2019 e 2021; esta cantidade está moi lonxe da que nos situaría no sexto lugar, e o calendario de aplicación é inadmisible porque vai máis aló da duración da lexislatura e porque o acordo acadado coas traballadoras e traballadores de xustiza remata no 2020.
- Despois de seis mesas, a proposta é de 80 euros e o calendario comezaría en outubro de 2018 pero seguiría rematando en 2021. Esta cantidade non situaría o profesorado galego, na media e moito menos no sexto lugar do Estado.
Por todo o anterior, SOLICITAMOS UN COMUNICADO DE APOIO DE TODOS OS CLÁUSTROS OU DO PROFESORADO DOS CENTROS PÚBLICOS DE GALICIA CUN PRONUNCIAMENTO ROTUNDO DE APOIO ÁS NEGOCIACIÓNS DA MESA SECTORIAL E UN CHAMAMENTO Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN para que retire a proposta e faga outra que respecte o profesorado e permita levar a bo termo esta negociación:
PARA ENVIAR Á CONSELLERÍA POR CORREO ORDINARIO OU ELECTRÓNICO (conselleiro.cultura.educacion@xunta.gal)