Relación de persoal admitido e excluído en certas listas de interinidades e substitucións (Actualización a 12 de marzo de 2021)

Publicadas no portal de substitucións da Consellería as relacións de persoas admitidas nas listas de diversas especialidade dos corpos de PES, PTFP, Profesorado de música e Artes Escénicas e profesorado de EOI.

Se ampliades podedes ver as especialidades, listaxes de persoas excluídas e prazos de reclamacións

Publicada a addenda do acordo de interinos asinada por CCOO, Anpe, UGT e CSIF que establece a non obrigatoriedade de presentarse a oposicion para manter o posto na lista de interinos

‌  RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2021, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se dá publicidade do acordo entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e as organizacións sindicais ANPE, CC.OO., CSIF e FETE-UGT polo que se engade unha nova disposición transitoria ao texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias (publicado pola Resolución do 28 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Diario Oficial de Galicia número 131, do 11 de xullo)

Probas de certificación das EOI para o curso 2020-2021

Publicouse a Circular 1/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se regulan para o curso 2020-2021 as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial reguladas polo Decreto 81/2018, do 19 de xullo.

O prazo de matrícula nas probas estará aberto dende o 10 ao 26 de marzo.

Máis información:

CCOO reclama da Xerencia o cumprimento dos acordos e un maior respecto aos compromisos en materia de PAS

CC.OO. reclama respecto aos compromisos acadados nas negociacións en materia de PAS Nas últimas reunións do Comité Intercentros, a representación de CC.OO no PAS laboral vén alertando do incumprimento por parte da USC de determinados acordos, así como da falta de respecto aos compromisos acadados nas negociacións en materia de PAS. Estas reclamacións, asumidas por unanimidade no Comité, tamén foron … Ler máis

O acordo sobre a equiparación das condicións retributivas do persoal de proxectos xa está dando os primeiros pasos

CCOO esixirá na comisión paritaria novos avances Coa súa publicación no DOG, o pasado 24 de novembro, entrou en vigor o Acordo sobre a clasificación profesional e de equiparación de condicións retributivas do persoal de apoio á investigación de Capítulo VI (Persoal de proxectos). Este acordo supón un salto importante polo que significa de concreción nun texto oficial, asumido pola USC e … Ler máis