CCOO da USC anima a participar na manifestación do 12 de xuño contra a creación dunha universidade privada na Galiza

Continuamos na defensa da Univesidade Pública: Manifestación nacional o sábado 12 de xuño ás 12:00 horas na Alameda de Compostela A Plataforma Galega en Defensa da Universidade Pública volve facer público o seu rexeitamento á creación dunha universidade privada na Galiza As organizacións sindicais, profesionais e estudantís que conformamos a Plataforma Galega reafirmamos a nosa crítica ao proceso iniciado polo … Ler máis

Resumo da mesa sectorial do 10 de xuño

  • A convocatoria de prazas de atención preferente, sairá publicada o luns na web da Consellería
  • Hoxe, publicarán a distribución de aspirantes por tribunal
  • Entre hoxe e mañá, publicarán as sedes e horas concretas da 1ª parte da 1ª proba 

Publicación da resolución provisional do concurso de traslados entre profesorado de Relixión que presta servizos nos centros educativos

O persoal concursante poderá presentar reclamación ás resolucións provisionais a través do órgano en que presentaron a súa instancia de participación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da adxudicación de destinos provisionais na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Así mesmo, no mesmo prazo, o persoal participante poderá presentar … Ler máis

CCOO Ensino e o resto de organizacións sindicais asinantes do acordo de interinos demandan unha xuntanza tanto da comisión de seguimento do acordo como co propio conselleiro para organizar o persoal do vindeiro curso escolar

  • CCOO Ensino, ANPE, UGT SERVIZOS PÚBLICOS E CSIF Ensino, ORGANIZACIÓNS ASINANTES DO ACORDO POLO QUE SE REGULA O ACCESO E AS CONDICIÓNS DE TRABALLO DO PERSOAL DOCENTE INTERINO E SUBSTITUTO acaban de solicitar unha xuntanza tanto da comisión de seguimento do acordo como co propio conselleiro, para organizar o persoal do vindeiro curso escolar.
  • É preciso para garantir a presencialidade segura en todas as etapas educativas e respectar as medidas de seguridade e saúde. Isto require manter as contratacións formalizadas como consecuencia da pandemia e aumentar o número de docentes nas etapas educativas de educación infantil e primaria.

Previsión de convocatorias de exercicios para desenvolver en xullo de 2021

Os procesos poderán celebrarse en distintas sedes e a súa distribución virá determinada polo número de aspirantes de cada proceso e polo enderezo reflectido na súa solicitude, así como a quenda ou a opción á que son convocadas. As tres sedes poderán ser:

  • SILLEDA: Feira Internacional de Silleda. Recinto Feiral, s/n – 36540 Silleda

  • LUGO: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. Avda. dos Deportes, s/n, 27004 Lugo

  • SANTIAGO: Recinto Feiral de Amio. Rúa de Amio s/n. 15890 Santiago

Nota informativa respecto da RPT que afecta ao persoal non docente dos centros de ensino

Na xuntanza mantida coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade, CCOO ENSINO solicitou a inmediata inclusión na relación de postos de traballo (RPT) de todas as vacantes de nova creación, así como o pagamento dos complementos a aquelas/es traballadoras/es que non están a percibilos e a negociación da reducción das ratios para todo o persoal non docente