Conferencia de prensa: As federacións de Ensino de CCOO, ANPE, UGT-Servizos Públicos e CSIF analizan a necesidade da prórroga das medidas de apoio ao ensino pola COVID-19

Mañá martes, día 8 de xuño, estas organizacións sindicais darán unha conferencia de prensa na que analizarán a situación, no relativo a medios humanos e materiais, do eido educativo galego de cara ao vindeiro curso e demandarán a prórroga das medidas de apoio que se puxeron en marcha no actual curso, en especial o referido á contratación de profesorado, pola COVID-19 de cara ao vindeiro curso 2021-2022

A orde de calendario escolar establece que o período de adaptación en EI se estenderá ata o 21 de setembro e non será voluntario para as familias

 

Convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de directores e directoras da Rede de centros integrados de formación profesional de Galicia

Educación Infantil (0-3 anos)

CCOO presentará a súa proposta de redactado para definir o diferencial retributivo das educadoras, así como a nosa formulación relativa á adecuación das táboas salariais ao SMI. En caso de non chegar a acordo procederemos a denunciar o actual Convenio Colectivo.