Información da Mesa Sectorial de Educación do Estado do día 21/12/2021 sobre a modificación do RD 276/2007 de ingreso e acceso.

CCOO Ensino denuncia a falta de liderazgo do Ministerio de Educación neste proceso. Despois da reunión coas  Comunidades Autónomas o día 20, remítese ás OOSS un novo documento (preme aquí para descargalo) pola noite para negociar na Mesa Sectorial de hoxe. Pouco tempo para poder reflexionar sobre os cambios introducidos nun tema de capital importancia para o sistema educativo. 

XVI Convenio Colectivo de Centros e Servizos 
de Atención a Persoas con Discapacidade

Logo de varias reunións celebradas nos meses de novembro e decembro, nas que houbo algúns avances, a situación da negociación acerca das cuestións tratadas está da seguinte maneira: Clasificación profesional Desde CCOO proponse incluír determinados perfís profesionais que non están recollidos no convenio, o que permitiría clarificar e normalizar a situación dalgúns colectivos como asesores xordos, orientadores, mediadores comunicativos, intérpretes … Ler máis

CCOO Ensino urxe a consellería a cuantificar as prazas estruturais vacantes susceptibles de oferta por concurso de méritos

O día 2 de decembro de 2021 aprobouse no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. Implica a modificación do EBEP e introduce dúas medidas que inciden de forma directa e inmediata na oferta pública de emprego (OPE en adiante). Ofertas de emprego de estabilización mediante concurso oposición que … Ler máis

Apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral, escala de persoal de servizos xerais e do corpo de auxiliares escala de xerocultor/a

MOI IMPORTANTE: Aquelas persoas que xa aperecen en listas provisionais, non teñen que volver a inscribirse

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se acorda a apertura de novas listas para a incorporación de solicitudes para o nomeamento de persoal funcionario interino do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal de servizos xerais (PSX) e do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de xerocultor/a (subgrupo C2).