Infórmate sobre a Xuntanza da Mesa Xeral de Empregados Públicos do 10 de xaneiro de 2023 (Persoal laboral)

Nota informativa de CCOO da xuntanza da Mesa Xeral de EEPP, na que se trataron os seguintes temas:

  • Modificación de 7 postos nas RPT das Consellerías de Promoción de Emprego e Igualdade, Medio Rural, Política Social e Xuventude e Cultura, e Educación, Formación Profesional e Universidades
  • Interpretación de determinadas cláusulas das bases dos procesos de estabilización

Asinado o acordo para a implantación da Carreira Horizontal do PAS da USC

Os sindicatos CC.OO, CIG e UGT asinamos a semana pasada coa xerencia o Acordo para o desenvolvemento do sistema transitorio da carreira horizontal do PAS da USC. Este acordo ten unha importante repercusión económica nos salarios consolidados da plantilla do PAS da USC nos próximos anos, e terá efectos dende o 1 de xaneiro de 2023. Os membros da sección … Ler máis

CCOO da USC publica o novo calendario laboral para o ano 2023

No calendario contémplanse os días festivos estatais, da comunidade autónoma, os locais de Santiago e Lugo e os festivos propios da USC Calendario laboral baseado na instrución de xerencia relativa ao calendario de festas, vacacións, permisos e horario do PAS para o ano 2023 Versión web Versión para imprimir

Publicado o Plan de formación da EGAP para o ano 2023

A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.

No DOG do 29 de decembro de 2022, RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2023.

Varios concursos e concursos-oposición extraordinarios de estabilización (PSEC): DOG do 30 de decembro de 2022