Varios concursos e concursos-oposición extraordinarios de estabilización (PSEC): DOG do 30 de decembro de 2022

Concursos-oposición extraordinarios de estabilización (PSEC): DOG do 27 de decembro de 2022

Convocatorias de concursos-oposición extraordinarios de estabilización de PSEC para varios corpos e categorías:

‌‌ Convocatoria do corpo superior da Administración xeral de Galicia (A1), corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral de Galicia (A1), escala de profesores numerarios do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral de Galicia (A1) e categoría 40 do grupo I de persoal laboral da Xunta de Galicia

‌ Convocatoria do corpo de xestión da Administración xeral de Galicia (A2) e corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral de Galicia (A2)

‌ Convocatoria do corpo administrativo da Administración xeral de Galicia (C1), corpo de axudantes de carácter facultativo de Administración especial da Administraicón xeral de Galicia (C1), corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral de Galicia (B) e categorías 100 e 104 do grupo III de persoal laboral da Xunta de Galicia

‌ Convocatoria do corpo auxiliar da Administración xeral de Galicia (C2), corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Galicia (C2) e categorías 21 e 33 do grupo IV de persoal laboral da Xunta de Galicia

‌ Convocatoria da agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral de Galicia, na escala de persoal subalterno e de persoal de limpeza e recursos naturais e forestais e categorías 10B, 10C, 14 e 14A do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia

Concursos extraordinarios de estabilización (PSEC): DOG do 26 de decembro de 2022

‌ Prazo para solicitudes: do día 16 de xaneiro de 2023 ao 10 de febreiro do 2023, ambos incluídos Convocatorias de concursos extraordinarios de estabilización de PSEC para varios corpos e categorías: ‌ Convocatoria do corpo superior da Administración xeral de Galicia, corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral de Galicia (A1) e categorías 19, 32, 38 e 40 do grupo … Ler máis

Publicada no DOG lei que establece medidas extraordinarias e temporais de emprego público dirixidas aos procesos extraordinarios de estabilización

Publicada no DOG a Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público de Galicia. É aplicable á oferta pública de emprego extraordinaria e mais aos procesos de estabilización de emprego temporal da Administración xeral de Galicia e entidades do seu sector público, con exclusión do Servizo Galego de Saúde.

‌ Texto completo no DOG

Aprobados os temarios para varios grupos dos procesos selectivos de PSEC