Ante o 8 de marzo, acción e reivindicación

Ante a conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, manifestamos o noso compromiso pola consecución da igualdade real entre mulleres e homes e a eliminación de todas as formas de discriminación e violencia cara ás mulleres, especialmente no ámbito laboral e educativo, que afecta igualmente ás súas fillas e fillos.

1 de decembro – Día mundial da Loita contra o VIH. Hoxe + que nunca

CCOO reivindica a necesidade de deseñar estratexias de acción que preveñan a discriminación, a desigualdade e a violencia que aínda sofren as persoas con VIH, así como a de garantir en todos os casos unha correcta atención socio-sanitaria.

Especialmente nestes tempos nos que outra pandemia golpea a nosa sociedade non debemos esquecer a todos os que nos dixaron polo VIH e loitar pola desestigmatización e igualdade das persoas con VIH.  

HOXE + QUE NUNCA

 

25 N – Todas as violencias doen. Abre os ollos!!! Actúa

CCOO-Ensino reafirma o seu COMPROMISO  contra as violencias machistas. Os dereitos das mulleres son dereitos humanos e, por tanto, todas as violencias contra as mulleres son agresións á humanidade, á xustiza e á dignidade. Velaquí podes descargar o comunicado da Federación de Ensino polo día internacional contra as violencias machistas

RESOLUCIÓN DO CONSELLO DA FEDERACIÓN DE ENSINO DE GALICIA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO ORGULLO LGTBIQ+

O Consello da Federación de Ensino de CCOO de Galicia resolve por unanimidade renovar o seu compromiso co colectivo LGTBIQ+ e continuar o seu labor para favorecer a súa visibilidade, denunciando calquera retroceso nos seus dereitos e pelexando pola aprobación de normas que recollan os dereitos do colectivo LGTBIQ+, a despatoloxización das persoas trans e o dereito á autodeterminación de xénero.

Así mesmo, chama a mobilizarse na manifestación virtual convocada para o vindeiro 4 de xuño baixo o lema “Sororidade e Femininismo para TRANSformar. Mulleres lesbianas, trans e bisexuais en acción! Polas máis vulnerables!

8M – Dia mundial das Mulleres

CCOO ten un plan e quere destacar neste 8 de Marzo a importancia do establecemento de plans de igualdade para as traballadoras do ensino que supoñan o acceso en igualdade de condicións ao traballo, acabar coa fenda salarial e desenvolver protocolos contra o acoso por cuestións de xénero, orientación sexual e identidade ou expresión de xénero, xa que estas traballadoras sofren unha dobre discriminación

A Valedora do pobo admite a trámite e abre dilixencias tras a queixa presentada por CCOO pola distribución do material de Hazte oír nos centros educativos de Galicia

CCOO presentara unha queixa diante da Valedora do Pobo pola distribución do material da organización de ultradereita Hazte Oír nos centros educativos de Galicia na súa campaña pola implantación do pin parental, por constituír este un delito de odio e por fomentalo contra o colectivo LGTBI. A Oficina da Valedora acaba de comunicar a admisón a trámite da devandita queixa e o … Ler máis

25 N – Tanto ten como o mires, é cousa de todas e todos. Di non á violencia de Xénero

 

‌ CCOO neste 25 N, reitera o seu rotundo e total rexeitamento ás violencias contra as mulleres, a expresión máis dramática e cruel das desigualdades materiais e culturais que persisten, dirixidas a atacar a liberdade, a seguridade, a autonomía das mulleres e a mantelas nunha inxusta situación de inferioridade.

‌ CCOO denuncia o continuo agravamento dos factores estruturais, que son o caldo de cultivo das violencias machistas: a  feminización da pobreza, o desemprego e a precariedade laboral, xunto á ausencia dunha política de educación para a igualdade e a corresponsabilidade, e a insuficiencia de políticas activas de igualdade e de recursos suficientes e proporcionados para a prevención, protección e atención ás vítimas. Todos eles, factores que contribúen a aumentar as situacións de exposición ao risco, vulnerabilidade e dependencia de moitas mulleres.

 

‌ ver MOBILIZACIÓNS 25N

20 N – Día da memoria trans. Por todes xs que loitaron e deron a súa vida por ser e conseguir dereitos

Como lembranza a todas, todos e todes aqueles que loitaron polos dereitos que nestes momentos están ameazados polos ventos da intolerancia e a LGTBI-fobia e por unha sociedade e un sistema educativo limpo de transfobia, lesbofobia, bifobia e homofobia, CCOO vén de presentar unha queixa á Valedora do Pobo e solicitar unha xuntanza urxente do Observatorio Galego contra a discriminación por orientación sexual e identidade de xénero para esixir a retirada e non distribución do material da asociación de ultradereita HazteOir dos centros educativos galegos por incitación ao odio e delito de odio

‌ ver solicitude OBSERVATORIO

‌ ver queixa ante a VALEDORA DO POBO