Manifesto de CCOO ante o 8 de marzo de 2023

Simone de Beauvoir dicía que «mediante o traballo foi como a muller puido franquear a distancia que a separa do home. O traballo é o único que pode garantirlle unha liberdade completa» e esta liberdade é difícil de conseguir sen autonomía económica. Non hai nada máis duro que unha muller maltratada que non pode saír da violencia pola súa dependencia económica.

‌ Manifesto 8M 2023

#25N – Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero

As Confederacións Sindicais de Comisións Obreiras (CCOO) e da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (UGT) reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación, tanto nos centros de traballo como no conxunto da sociedade. Chamamos a … Ler máis

Anos de loita e #OrgulloDeSer no traballo

  • Porque foron, somos. Porque somos, serán.
  • En CCOO, como sindicato de clase e axente de igualdade, levamos anos traballando a prol dos dereitos sociais e laborais das persoas LGTBI+ e en contra de calquera discriminación por razón de orientación sexual ou identidade ou expresión de xénero. Anos pelexando por erradicar a violencia e o acoso. Por garantir o respecto á dignidade das persoas e a súa diversidade. Pola salvagarda, en definitiva, dos dereitos humanos. 

Día internacional das persoas con dispacacidade

O 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os seus dereitos e o seu benestar en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. Asegurar que poidan exercer os seus dereitos laborais e sindicais, sen ningún tipo de discriminación, é a nosa prioridade.

Orgullo de ser. Un todo que suma

Co lema "Os dereitos humanos non se negocian, lexíslanse. Lei Trans xa" celebramos este ano o Día do Orgullo LGTBI+ en que recuperamos as rúas respectando todas as medidas de seguridade, desde CCOO reiteramos as nosas propostas, recollidas na Plataforma reivindicativa de dereitos LGTBI+, e reclamamos con ela medidas que garantan a igualdade efectiva de toda a comunidade LGTBI+.