CCOO-Ensino reclama á Consellería a retirada e a non distribución do material da organización Hazte Oír nos centros educativos galegos por posible delito de odio

Este é o seguinte paso tras a denuncia feita pola FECCOO á organización HazteOír diante da Fiscalía Xeral do Estado e a Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia, por un posible delito de discurso de odio. A FECCOO entende que as cartas e materiais enviados aos centros docentes violan o Memorando da Comisión Europea contra o Racismo e a Intolerancia, a normativa educativa, a lexislación sobre a violencia e a normativa específica en materia LGTBI, ademais de supor unha situación de risco para o alumnado e para o sistema de liberdades. 

‌ ver DOCUMENTO PRESENTADO

‌ ver DOSSIER

CCOO denuncia a HazteOir por actos de intolerancia e de incitación ao odio

 

23 de Setembro: Día Internacional da Visibilidade Bisexual

‌ SER BISEXUAL non é un capricho, ser bisexual non é un “erro”, non significa “que alguén non o teña claro”, nin tampouco que “necesite tempo para decidir sobre a súa opción sexual”… Ser bisexual significa sentir atracción por máis dun xénero, que non ten por que coincidir no tempo. A atracción por persoas de máis dun xénero pode ter diferentes expresións e vivirse de diferentes modos e con diferente intensidade.

17 M : Día internacional contra a LGTBI*- Fobia . QUEN FALA MAL DE TI, NECESITA AIRES NOVOS

Neste 17 de maio, Día Internacional contra a LGTBIQfobia en lembranza da data en que, hai 29 anos, a OMS deixou de considerar a homosexualidade como unha enfermidade mental, CCOO esixe o cumprimento das leis e o establecemento de protocolos contra a discriminación por cuestións afectivo-sexuais e identidade e/ou expresión de xénero, especialmente nestes tempos en que sopran ventos contrarios á igualdade e aos dereitos das persoas LGTBI

‌ ver MANIFESTO CONFEDERAL 

CCOO-Ensino celebra o 17 de maio o Día Internacional contra a LGTBIQfobia e esixe o cumprimento das leis e o establecemento de protocolos contra a discriminación por cuestións afectivo-sexuais e identidade e/ou expresión de xénero

Coma cada ano, a Federación de Ensino de CCOO seguimos apostando pola diversidade nas nosas escolas e empresas. Por iso, animamos os centros educativos a desenvolver actividades contra as actitudes de rexeitamento, discriminación e acoso a aquelas persoas que viven outras realidades. CCOO-Ensino insta tanto as Administracións educativas como os centros privados a cumpriren coa lei para previr actitudes de discriminación, acoso e … Ler máis