1 de decembro – Día mundial da Loita contra o VIH. Hoxe + que nunca

Nun contexto no que a sanidade pública sofre as tensións derivadas da pandemia da COVID-19, a loita contra o coronavirus non pode supoñer o esquecemento deste colectivo. "Necesitamos estratexias de sensibilización, prevención e atención que combatan a ignorancia, animen a facerse a proba e erradiquen o estigma en todos os ámbitos para garantir a igualdade”

O noso compromiso ante o VIH coa afiliación, a representación sindical e a sociedade en xeral fundaméntase nos nosos tres espazos de intervención: a reivindicación e a mobilización social, o diálogo social e a negociación colectiva. Entre as principais propostas, reivindicacións e liñas de acción da nosa organización destacan:

 

  • Previr situacións de discriminación cara ás persoas con VIH e erradicar o estigma aínda existente, como un dos nosos principios fundamentais.
  • Erradicar calquera situación sobrevinda na  estigmatización cara a persoas con VIH, independentemente da súa orientación sexual e/ou de xénero.
  • Formación específica para acabar coa discriminación laboral das persoas VIH e contra a  serofobia.
  • Formar ao persoal sanitario para abordar a atención das persoas con VIH eliminando tanto o  paternalismo innecesario como a  estigmatización da devandita situación. É fundamental como medida positiva garantir o acceso aos tratamentos sanitarios adecuados a todas as persoas, incluídas as persoas  migrantes.
  • Formar e sensibilizar no ámbito educativo para a erradicación da discriminación por VIH.
  • Garantir o acceso e a igualdade de oportunidades e trato para persoas con VIH.
  • Crear un distintivo de empresa socialmente responsable para quen inclúa medidas de formación, atención, inserción e actuación a persoas con VIH, que estean acordadas coa Representación Legal das Persoas Traballadoras ( RLT) e cos sindicatos maioritarios do sector.
  • Promover a negociación de Plans específicos de inclusión e diversidade de persoas con VIH nas empresas que fomenten a creación de contornas de confianza, garantan fórmulas non discriminatorias de acceso, contratación e promoción, así como o acceso a todos os dereitos recoñecidos na empresa.