O profesorado interino de Secundaria que obteña praza no CADP será nomeado con efectos do 16 de setembro

CCOO-Ensino rexistrou no día de hoxe un escrito solicitando o nomeamento para este profesorado a 16 de setembro, dado que a orde do CADP no seu artigo 41 establece que non pode haber interrupcións nos nomeamentos deste persoal. A Consellería publica na súa web que  "o persoal interino con nomeamento en vigor que remate este nomeamento o día 15 de setembro de 2020 e obteña un destino na adxudicación definitiva de destinos provisionais, os efectos do novo nomeamento serán desde o 16 de setembro de 2020 ata o 15 de setembro de 2021".

Reapertura dos prazos administrativos en diversas listas de interinidades e substitucións

A consellería publica na súa web o anuncio da reapertura dos prazos administrativos en diversas listas de interinidades que quedaran paralizados pola COVID-19.

Listas dos corpos de PES e PTFP :

 

Listas do corpo de mestres: ata o 5 de xuño

Listas de Música e Artes Escénicas : ata o 9 de xuño

Apertura de listas de interinidades e substitucións nos corpos de PES,PTFP e de Profesorado de Música e Artes Escénicas

Prazo de solicitudes: ata o 17 de febreiro

CORPO de Profesorado de Ensino Secundario

‌especialidades de navegación e instalacións mariñas (109), de sistemas electrónicos (124), de sistemas electrotécnicos e automáticos (125)

CORPO de Profesorado Técnico de FP

‌especialidades de equipos electrónicos (202), de instalacións electrotécnicas (206), de máquinas, servizos e produción (210), de mecanizado e mantemento de máquinas (211) e operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios (214)

CORPO de Profesorado de MAAEE :

‌especialidade de saxofón (594424)