O conselleiro xustifica os recortes no ensino aducindo que xa non estamos en pandemia

Na intervención de onte no Parlamento, o conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, Román Rodríguez, recoñeceu que hai menos profesorado ca o ano pasado, comparando as cifras co curso escolar 2019-2020 (anterior á pandemia) no canto de facelo coas do curso 2020-2021. A Consellería, deste xeito, recoñece os recortes e o máis sorprendente é que recoñece que actúa coma se xa non existise a COVID-19, dándolle á razón a CCOO-Ensino, tal e como manifestamos na conferencia de prensa do pasado luns.

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia esixe o mantemento nos centros educativos dos cupos docentes e do resto de persoal contratado no curso pasado

A Plataforma, integrada por CCOO ensino, FespUGT, Confapa galicia, IESGA sindicato de estudantes e Escola Viva, veñen de entregar escrito por rexistro dirixido ao Sr. Román Rodríguez González, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en relación as medidas para garantir a seguridade e a saúde das/dos traballadores dos centros educativos, do alumnado e das súas familias pola COVID-19.

CCOO-Ensino afirma que a Consellería de Educación reduce o espazo entre o alumnado para recortar profesorado

A Federación do Ensino de Comisións Obreiras de Galicia afirma que a Consellería de Educación reduce de 1,5 a 1,2 metros a distancia interpersoal entre o alumnado co obxectivo de recortar profesorado, primando os criterios economicistas fronte aos sanitarios. A secretaria xeral de CCOO-Ensino, Luz López, lamentou que o Ministerio de Educación «renunciara a liderar» un proceso que era da súa competencia, permitindo que cada comunidade autónoma «faga o que lle veña en gana» no tocante ás distancias.

A destrución de emprego cébase cos sectores máis feminizados e precarios

Unha de cada catro persoas perde o seu traballo no Ensino Privado durante as vacacións de verán. CCOO denuncia que o período estival supuxo de novo a perda de miles de empregos no sector do ensino privado, e alerta de que agosto finalizou cun descenso de persoas afiliadas á Seguridade Social do 26,76% con respecto ao mes de maio, porcentaxe superior ao 24,23% correspondente ao mesmo período de 2020.

Baremo provisional do acceso a corpo de CATEDRÁTICOS dos corpos de Secundaria

O persoal concursante poderá presentar reclamación ás puntuacións provisionais no prazo de cinco (5) días hábiles (do 2 ao 8 de setembro) contados desde o día seguinte ao desta publicación na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Publicación das puntuacións provisorias do baremo, agás as subepígrafes 3.2.1 e 3.2.4, do procedemento de acceso aos corpos de catedráticos de ensino secundario, de artes plásticas e deseño e de escolas oficiais de idiomas