Circular 1/2022 pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021

10 de marzo: 50 aniversario do Día da Clase Obreira galega

Na conmemoración do Día da Clase Obreira Galega, queremos lembrar que o veto do grupo parlamentario do BNG impediu que a Cámara autonómica aprobara unha declaración institucional proposta por CCOO para lembrar o 50.º aniversario das loitas obreiras de 1972 —o 10 de marzo en Ferrol, en setembro en Vigo—. Precisamente, este 2022 cúmprense 25 anos da declaración institucional unánime pola que o Parlamento de Galicia declarou o 10 de Marzo como Día da Clase Obreira Galega.

Relación definitiva de admitidos e excluídos das listas de especialidades PES e PTFP

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo de profesores técnicos de FP (591) Resolución do 8 de marzo de 2022 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a … Ler máis

Relación provisional de admitidos e excluidos da lista de Orientación Mestres

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2021/2022 do corpo de mestres, Orientación (597039) Resolución do 08 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba a listaxe provisional para a cobertura de interinidades e substitucións e a relación provisional de persoas excluídas para a cobertura … Ler máis

É imprescindible manter presentes os principios fundadores de Europa: paz, democracia e solidariedade

CCOO e UGT reiteramos a nosa máis enérxica condena á invasión rusa de Ucraína. Este covarde e ilexítimo acto bélico e a consecuente guerra deben parar de inmediato. Así mesmo, expresamos a nosa solidariedade coas xentes de Ucraína e especialmente coa súa clase traballadora, coas vítimas no país e cos traballadores e traballadoras ucraínas que residen en España e que viven con dor o drama da guerra na distancia.

CCOO e UGT esiximos que se tomen todas as medidas necesarias para que a acción bélica pare de maneira urxente e as tropas rusas se retiren do territorio ucraíno —que ocuparon violando a legalidade internacional— e se restitúa a paz.

Facemos, por iso, un chamamento aos traballadores e ás traballadoras de España a que o MÉRCORES, 9 DE MARZO, se manifesten de maneira silenciosa na entrada dos seus centros de traballo de 12:00 a 12:05 horas, solidarizándonos así co pobo de Ucraína, pedindo o cesamento do fogo e a inmediata retirada de tropas rusas do país. 

Publicada resolución provisional Concurso Xeral de Traslados

Publicada resolución provisional Concurso Xeral de Traslados PRIMARIA SECUNDARIA ORIENTACIÓN   O persoal concursante poderá presentar reclamacións á resolución provisional por medios electrónicos mediante o trámite activado para este efecto na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 16 de febreiro ata o 1 de marzo de 2022, ambos incluídos.   PROCEDEMENTO PARA FACER RECLAMACIÓNS: 1.-Acceder a www.edu.xunta.gal/cxt 2.-Na opción Participación … Ler máis