Aviso nómina de xullo para aqueles con erros no cobro da extra

Revisade ben a nómina deste mes, xa que todos e todas os que cobraron mal o mes pasado, onde estaba incluída a paga extra (os de Prácticas non recibiron o Complemento Específico e a algunhas persoas de Secundaria cobrárono de máis) , deberan velo corrixido neste mes. Pero OLLO! Na nómina de xullo están incluíndo a suba salarial do 1%, con efecto retroactivo dende o mes de xaneiro de 2017, o que pode levar a erros. Para calquera dúbida, consultade o noso resumo na ligazón ou escribide a ensino@galicia.ccoo.es

 

Publicada a orde co persoal funcionario en prácticas apto. E AGORA QUE?

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170713/AnuncioG0164-060717-0006_gl.html   No mes de agosto publicarase no BOE o nomeamento como funcionario/a de carreira, mediante unha listaxe de cada especialidade onde constará a nota da oposición e o voso Número de Rexistro Persoal, que é a vosa identificacion como funcionarios/as.   Durante o primeiro trimestre do curso a Consellaría faravos chegar ao centro onde esteades destinados o título oficial … Ler máis

Calendario escolar 2017/2018

Descarga a nosa versión do calendario escolar para o vindeiro curso, no que nunha soa imaxe terás acceso á visión de todo o curso coas conmemoracións, festivos, etc. Por se o precisas, tamén facilitamos a ligazón á orde do calendario. Dispoñible en formato PDF e JPG: DESCARGA O CALENDARIO EN FORMATO PDF DESCARGA O CALENDARIO EN FORMATO JPG Ligazón ao DOG coa … Ler máis