INFORMACIÓN VARIA PARA DIVERSOS COLECTIVOS

  • CADP MESTRES/AS: as persoas que obtiveron destino debe facer o que indican as instrucións para a toma de posesión> https://goo.gl/yjpTkG

 

  • APROBADOS/AS neste Concurso-oposición: a listaxe de aprobados adoita publicarse no DOG ontra mediados de agosto. Hai 20 días para presentar a documentación requirida POR REXISTRO. Podedes consultar o noso resumo nesta ligazón> https://goo.gl/Ftofcw

 

  • FUNCIONARIOS/AS EN PRÁCTICAS: aqueles aprobados do ano pasado que obtiveran destino definitivo no CXT teñén até o 01/09 para entregar POR REXISTRO e dirixido á XEFATURA TERRITORIAL o requirido nas instrucións> https://goo.gl/NRFZCC

 

  • SUBSTITUTOS/AS E INTERINOS/AS: o prazo para acotar provincia e zona remata o día 16 de agosto e faise en Substitutos> https://goo.gl/28WqB1

 

  • FORMACIÓN: para o vindeiro curso ofertamos cursos online organizados por CCOO-Enseñanza en Aragón pero válidos en Galicia (https://goo.gl/u7KNn6). En setembro publicaremos a formación presencial de CCOO-Ensino, que incluirá cursos para recén aprobados, concursos no exterior, etc…

 

  • PERMUTAS: quen cumpra os requisitos establecidos na Orde do 17 de xuño de 2017 pode solicitar intercambio provisional de praza, sempre de xeito telemático, e segundo o establecido na Orde > https://goo.gl/1xhsSG