CCOO Ensino denuncia que hai 42 unidades menos de Infantil e Primaria para este curso

CCOO denuncia que se continúa coa tónica dos últimos anos agravada porque os desastres do inicio de curso adiantáronse ao mes de xuño coa decisión da Consellería de eliminar de forma unilateral e arbitraria ensinanzas en varias zonas de Galicia sen informar previamente aos membros da comunidade educativa: 

  • Eliminación de ensinanzas da etapa secundaria obrigatoria no CPI Monte Caxado de As Pontes, provocando a eliminación deste centro e a reubicación do alumnado e do profesorado do CPI Monte Caxado nas instalacións do CEIP A Madalena
  • Eliminación das ensinanzas da etapa secundaria obrigatoria no CPI Tomás de Lemos de Ribadavia coa  reubicación do alumnado e do profesorado do centro no IES.
  • Eliminación das ensinanzas da etapa secundaria obrigatoria no CPI A Ribeira (O Porriño)  coa  reubicación do alumnado e do profesorado do centro no IES.
  • Péchase o CEIP Emillio Navasqües (Serra de Outes).

 

Denunciamos que estas decisións  foron tomadas sen consultar nin informar aos membros da comunidade educativa afectados o que demostra, unha vez máis a falta de diálogo da administración educativa e o desprezo polos representantes dos mesmos. 

 

A administración era consciente con antelación da eliminación destes centros e ensinanzas polo que estafou ás familias ás que se ofertou matricular aos seus rapaces nuns centros que non ían a existir. Por outra parte vulneráronse os dereitos laborais do profesorado ao que se lle furtou o dereito a participar no Concurso de Traslados.

No CPI da Ribeira de Porriño pérdense 4 postos de traballo e polo tanto hai 4 persoas suprimidas.

Coa fusión dos dous centros de Outes pérdense 5 postos de traballo.

En As Pontes pérdense 7 postos de traballo e en Ribadavia 11 supresións.

 

O catálogo de Educación Infantil e Primaria sufriu modificacións que  deixan un resultado de 38 unidades pechadas de EI e 34 de primaria. Coas creadas teríamos 27 unidades de infantil e 15 de primaria menos. Isto supón 28 profesores de infantil e 19 de primaria suprimidos; en total 47 docentes do corpo de mestres

 

A adxudicación en primaria arroxa os seguintes datos:

173 suprimidos/desprazados (22 máis que o curso anterior)

1130 interino, 8 máis que o ano pasado

444 itinerantes – 63 máis que o curso pasado

277 con afins, 58 afins e itinerantes. Supoñen un 27% das prazas adxudicadas.

 

Os prazos de adxudicación do Corpo de mestres son acaídos xa que permiten aos docentes planificar con antelación a súa residencia. Pero este ano todo o proceso previo (comisións de servizo de saúde, conciliación…) fíxose de forma atropelada o que incidiu en que a adxudicación non saíra nos prazos previstos vulnerando as datas establecidas na orde do CADP.

Queremos facer unha mención especial a unha situación que debe corrixirse. O profesorado do corpo de mestres que superou a primaria fase do proceso selectivo este curso está a desenvolver o seu traballo como profesorado en prácticas. Estas forman parte do proceso selectivo e temos casos nos que se lles 

asignou destino nunha escola unitaria onde non hai outro profesorado que poida titorizar esas prácticas. En realidade está a facer o mesmo traballo que un funcionario de carreira vulnerando así o espírito de sistema de acceso.

 

A situación da adxudicación en Secundaria é ben distinta, ata o día 7 deste mes non coñeceremos a adxudicación definitiva. É inadmisible que se segan a manter estes prazos para o profesorado de secundaria. Esta situación ten dúas consecuencias:

    • Os centros inician o curso sen todo o profesorado
    • O profesorado non pode organizar nin planificar a súa vida ata que coñece o destino que lle corresponde.

 

Cando o profesorado en expectativa de destino e interino de secundaria chega ao seu novo centro xa están repartidos os horarios e se atopan cunha planificación na que non poden participar e polo tanto cunhas condicións laborais moito peores que as do profesorado definitivo. Hai que buscar unha solución a esta situación que non pode repetirse para o vindeiro curso. A adxudicación debe ser anterior e con tempo suficiente para planificar a residencia propia e en moitos casos da familia. Nestes casos existen dificultades para a escolarización dos nenos que ano tras ano van cambiando de centro.

Hai un desprezo constante por parte desta administración educativa cos seus docentes e coas súas condicións laborais. Non só é un problema de prazos. En secundaria aumenta ano tras ano a impartición de afíns coa consecuente merma de calidade. Queremos subliñar que determinadas materias como FOL e música  están a converterse en materias que complementan o horario doutras especialidades perdendo así a súa especificidade e a posibilidade de impartición por especialistas nelas. 

Xa ven sendo usual que as materias artísticas sexan infravaloradas pola Consellería; non só é o caso da especialidade de música senón que centros como a ESAD ven reducido o seu profesorado ignorando a importancia do seu traballo e o seu carácter de ensinanzas superiores. Queremos recordar unha vez máis o compromiso de CCOO coa integración de todas as ensinanzas artísticas superiores no sistema universitario galego.

Outro problema grave que detectamos na adxudicación é a asignación dos módulos comúns da FPB ao profesorado das especialidades propias da FP. Isto vulnera a normativa autonómica e estatal. Xa denunciamos esta situación ante a administración. De non solucionar o problema e asignar estas materias ao profesorado ao que corresponde por normativa (Materias comúns do corpo de PES) denunciaremos ante os tribunais esta irregularidade.

Os datos de Secundaria son:

5 suprimidos e 47 desprazados

762 interinos e 1774 substitutos – Total 2536 

Prazas itinerantes 10

1.188 profesores que impartiran afíns e 8 afíns con itinerancia. Destas 206 son dos ámbitos da ESO (PMAR ou EPA) e 140 correspóndense cos módulos comúns da FPB.

As itinerancias e afíns supoñen un 29% das prazas adxudicadas.

 

É imprescindible facer unha comparación coas unidades concertadas. Queremos denunciar o aumento dos concertos educativos, sobre todo nos centros que segregan ao alumnado. Peñaredonda, Montespiño e Montecastelo aumentan 1 unidade de EP cada un deles. 

En FP, conceden unidades concertadas a centros que segregan e non llas conceden a centros públicos de FP que as solicitan. Concertan en FP 18 ciclos de grao medio, 15 ciclos de grao superior e 19 de FPB a maiores dos xa existentes.