DECLARACIÓN – OS DEREITOS DAS PERSOAS LESBIANAS, GAYS, TRANSEXUAIS, BISEXUAIS, INTERSEXUAIS, QUEER+ (LGTBIQ+) NO ÁMBITO LABORAL
Con motivo da celebración do Word Pride 2017, a Confederación Europea de Sindicatos e a súa Rede de Dereitos sindicais LGTBIQ+ renovan o seu compromiso cos obxectivos da plena igualdade e non discriminación e esixen que, nin no ámbito laboral nin na sociedade en xeral, se intimide, acose ou discrimine, (directa ou indirectamente), se asasine a ninguén en base á orientación sexual, identidade e/ou expresión de xénero e/ou diversidade familiar. Os sindicatos deben promover a igualdade e contribuir á erradicación da LGTBIQ+fobia.
A CES e a Rede Sindical de Dereitos LGTBIQ+ polo tanto:
- Esixen a plena trasposición e implementación das Directivas vixentes, que os sindicatos supervisan, apoian e promoven en TODOS os estados membros.
- Apoian o Pilar Europeo de Dereitos Sociais e esixen que o enfoque xeral baseado nos dereitos se extenda a todos os ámbitos da política social e do ámbito laboral.
- Solicitan ao Consello Europeo que aprobe finalmente a “Directiva Horizontal” complementando así o actual marco lexislativo da Unión Europea e garantindo a esencia do Pilar Europeo de Dereitos Sociais.
- Destacan a importancia da sensibilización, as iniciativas de formación regrada e non regrada, o intercambio de boas prácticas sobre os dereitos civís e laborais LGTBIQ+ para os interlocutores sociais a todos os niveis.
- Piden que as institucións europeas apoien activamente a participación dos interlocutores sociais e a negociación colectiva como ferramientas vitais para afirmar os dereitos das persoas LGTBIQ+ en todos os ámbitos posibles da vida privada, familiar, social e laboral.
Ao lembrar que os dereitos LGTBIQ+ son tamén dereitos sindicais que deben disfrutarse polas persoas traballadoras e garantirse mediante a negociación colectiva e o diálogo social, a CES e a súa Rede Sindical de Dereitos LGTBIQ+
- Recoñecen o bo traballo respecto dos dereitos LGTBIQ+ realizado por moitas das organizacións sindicais en campañas polos dereitos laborais e destacar a necesidade de continuar as accións de sensibilización en todas as organizacións sindicais a todos os niveis, incluindo as respostas respecto á discriminación vencellada á orientación sexual, identidade e/ou expresión de xénero.
- Animan ás organizacións afiladas a que inclúan a promoción dos dereitos laborais e civís LGTBIQ+ entre os temas da negociación colectiva dentro dunha estratexia máis ampla que se opoña a todas as formas de discriminación no lugar de traballo.
- Convocan a involucrar de xeito activo aos Interlocutores Sociais Europeos para que desenvolvan un enfoque conxunto contra as discriminacións e a plena igualdade dos dereitos de todas as persoas traballadoras.
- Insisten na importancia do papel de apoio dos sindicatos para asegurar un acceso asequible e efectivo aos tribunais na defensa das persoas LGTBIQ+.