Procedemento de comunicación dos partes de incapacidade temporal (IT)

A partir do día 2 de maio é obrigatoria a remisión dos partes de IT (baixa, confirmación e alta) ás xefaturas territoriais correspondentes ou a servizos centrais no caso do persoal que preste servizos nestes, exclusivamente de modo telemático.

CCOO-Ensino considera que se poden dar situacións nas que o traballador/a esté imposibilitado para o acceso á súa conta de correo corporativo, polo que presentou por rexistro unha solicitude para que se permitise a presentación en papel deses partes en determinados casos.

‌‌ ver infórmaTE

‌ ver Solicitude 

‌ ver VIDEO TITORIAL

 

 

 

CCOO-Ensino rexeita a avaliación censal de 3º de primaria

Outro ano máis a Consellería repite a avaliación de 3º con carácter censal e por tanto facéndolla a todo alumnado.

Por que CCOO-Ensino rexeita esta avaliación:

  • Porque posibilita e lexitima a repetición de curso como consecuencia da mesma
  • Porque clasifica ao alumnado a unha idade moi temperá en base a un rendemento académico parcial.
  • Porque deslexitima a función docente, estigmatizando aos centros e aos profesionais que neles traballan. 
  • Porque avalía contidos unicamente academicistas.
  • Porque é un mero instrumento de fiscalización que anula a avaliación continua.
  • Porque non está contextualizada e non se adapta á diversidade do alumnado

‌  ver infórmaTE

26 DE ABRIL – DÍA DA VISIBILIDADE LÉSBICA. L DE LESBIANA, L DE LIBERDADE

A Federación de Ensino de CCOO manifesta a necesidade de xerar espazos proclives á vivencia en liberdade das nosas alumnas e traballadoras lesbianas e conseguir protocolos específicos que poñan fin á lesbofobia en contextos escolares.

Reivindicamos espazos laborais seguros que nos permitan erradicar a lesbofobia, a discriminación, as actitudes sexistase a exclusión por motivos de orientación sexual, expresión e identidade de xénero.

‌ ver MANIFESTO

Novo permiso para a outra persoa proxenitora, modificación do permiso de lactación.

O artigo 3 do Real decreto-lei 6/2019, do 1 de marzo, de medidas urxentes para garantía da igualdade de trato e de oportunidades entre mulleres e homes no emprego e a ocupación modifica, entre outros, o apartado f) do artigo 48 e os apartados a), b), c) e d) do artigo 49 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro polo que e modifican os permisos de lactación, da nai biolóxica e da outra persoa proxenitora.

 iNSTRUCIÓNS PUBLICADAS POLA CONSELLERIA A 16 DE ABRIL