CCOO-Ensino rexeita a avaliación censal de 3º de primaria

CCOO-Ensino non está en contra das avaliacións de diagnose con carácter mostral que aportan datos sobre a situación do sistema educativo, pero que non ten consecuencias individuais para o alumnado.

CCOO-Ensino pon de manifesto que non ten sentido facer unha avaliación deste tipo en terceiro de primaria cando as de final de etapa de primaria e secundaria teñen un carácter mostral.

CCOO-Ensino diríxese ao profesorado pedíndolle que facilite a non realización das probas ao alumnado que así o decida a súa familia.

CCOO-Ensino exixe á Consellería que retire o carácter individualizado desta avaliación e a convirta en mostral.