Novas Ensino Público
CCOO-Ensino non asistirá ao Pleno do Consello Escolar de Galicia do 20 de xuño
CCOO-Ensino e o resto de OOSS representantes do ensino público no Consello Escolar de Galicia non asistirán ao Pleno convocado para o 20 de xuño para, deste xeito, amosar o noso profundo malestar pola ausencia de negociación coa Consellaría e, especificamente, coa Dirección Xeral de Educación, FP e Innovación Educativa.
CCOO ensino denuncia irregularidades na ABAU e esixe que se asuman responsabilidades na CIUG pola nefasta xestión da proba de Filosofía
RESUMO DA XUNTANZA DO CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL do 11 de Xuño de 2019
O pasado martes celebrouse a xuntanza do CGFP na que entre outras cuestións tratouse a oferta formativa de Formación profesional para o vindeiro curso académico.
Dada a premura de tempo coa que se nos trasladaron as ordes de oferta e despois de solicitar un adiamento da xuntanza por parte das tres organizacións sindicais presentes neste órgano e non ser concedido, valorouse a posibilidade de non acudir ao mesmo.
CCOO decide acudir á xuntanza por dúas cuestións, este non é un organo que compete unicamente á Consellería de Educación e ademais é o único foro no que se pode tratar a oferta formativa, dado que esta non pasa por outros órganos con presenza sindical. A ausencia ao mesmo impediría debater as cuestións relacionadas coa mesma.
CCOO rexeita, e asi o manifestou na xuntanza, as formas que se veñen repetindo ano tras ano de trasladar o debate da oferta formativa por parte da Consellería de Educación.
Licenzas por formación destinadas ao funcionariado docente non universitario para o curso 2019/2020
Prazos de preinscrición e inscrición:
– Preinscrición: ata o 12 de xuño (incluído). REQUISITO OBRIGATORIO
– Inscrición: ata o 21 de xuño (incluído).
CONSELLO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL – 11 DE XUÑO DE 2019
OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL POLO RÉXIME DE ADULTOS
OFERTA DE FORMACIÓN PROFESIONAL RÉXIME ORDINARIO
Podes envíar as túas achegas a ensino@galicia.ccoo.es
