Concentración por un concurso de traslados xusto

‌ Sábado 28 de outubro de 2023, 12:00

‌ Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

  • Por unha disposición transitoria que regule a participación no Concurso Xeral de Traslados (CXT) do novo funcionariado de carreira para que non se incurra en ningún agravio comparativo.
  • CCOO é o único sindicato que tentou chegar a unha solución negociada.
  • Despois de esgotar a vía negociadora, agora mobilizámonos.

CCOO Ensino reúnese co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos para esixir a modificación do concurso xeral de traslados

Hoxe, venres 12 de maio, reunímonos co Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentámoslle un documento demandando que a Consellería se coordine co Ministerio para establecer unha regulamentación transitoria para o concurso xeral de traslados. Esta regulamentación debe garantir a participación do profesorado que supere o proceso selectivo por concurso extraordinario de méritos en igualdade de condicións cos outros colectivos … Ler máis

Publicada a resolución provisional do CXT do departamento de Orientación do corpo de Mestres

Publicada na web da Consellería a resolución provisional do Concurso Xeral de Traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do Departamento de Orientación.

‌ Na web da consellería

Vacantes provisionais para o CXT (actualizado a 28 de outubro)

Iremos incorporando as novidades a medida que se vaian producindo nas respectivas reunións de negociación coas Xefaturas Territoriais.