Ensino Privado
CCOO, negociación colectiva e XII Convenio (Centros de Educación Infantil)
Ante as informacións difundidas por algunha organización sindical presente na Mesa Negociadora, queremos recordar o papel que CCOO ven xogando no sector desde 2019. Neste sentido, e para que outros deixen de apuntarse méritos que non lles pertencen, porque asinan acordos cando hai que defender dereitos e baixan a cabeza cando hai que confrontar, facemos un repaso aos acontecementos que … Ler máis
CCOO insiste na necesidade de convocar a mesa tripartita do Ensino Concertado
A Federación de Ensino de CCOO veu reclamando con insistencia ao longo dos últimos anos a necesidade de retomar a vía do diálogo e a negociación no Ensino Concertado. Porén, solicitamos en numerosas ocasións ser recibidos para expor aqueles asuntos que consideramos relevantes para o sector.
Táboas salariais de centros de educación infantil de xestión directa e indirecta
CCOO non asinou estas novas táboas porque consideramos a suba moi insuficiente e, ademais, non se aborda a posibilidade de ir incrementado co tempo ese diferencial, cun calendario definido e concreto, tal e como temos proposto de forma reiterada. De feito, no propio acordo os asinantes reflicten o seguinte: «Como se acaba de producir unha suba do salario mínimo interprofesional … Ler máis
TE RETRIBUCIONS CONCERTADA 2022 XANEIRO
Xa se asinaron as táboas salariais de 2022 para todos os traballadores do ensino concertado. A súa entrada en vigor producirase unha vez publicadas no BOE e terá carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro. A Consellería de Educación xa aplicou nas nóminas de xaneiro do profesorado en pago delegado, os incrementos establecidos. Para o persoal en pago non delegado … Ler máis
IX Convenio Colectivo Ensino e Formación Non Regrado
O texto foi subscrito polas organizacións empresariais CECAP, CECE, ACADE- FECEI e ANCED en representación das empresas do sector, e polo sindicato FECCOO en representación dos traballadores. O convenio ,que estará vixente ata o 31 de decembro de 2022, afecta todas as empresas privadas que se dediquen a impartir ensino e formación non regrada, xa sexa presencial, a distancia, semipresencial … Ler máis
CCOO solicita ter unha xuntanza coa Consellería de Educación
En CCOO volvemos solicitar unha reunión co director xeral de Centros e Recursos Humanos para trasladarlle as demandas pendentes dos traballadores e traballadoras do ensino concertado. Despois de doce anos de bloqueo e supresión de dereitos, entre os que cabe salientar o Acordo de mantemento de emprego, a paga de antigüidade, a xubilación parcial, a equiparación salarial, a redución de xornada lectiva ao profesorado de
secundaria, etc., transcorreu máis dunha década desde os últimos acordos asinados coa Administración. Daquela gobernaba o bipartito.
Neste longo período producíronse transformacións que é necesario resolver na negociación tripartita (traballadores, Administración e patronais). Necesidade que en Galicia se volve máis urxente porque esta comunidade retrocedeu respecto das condicións que se aplican no ensino concertado do resto do Estado.
Somos a única comunidade en que non existe un só acordo que mellore as condicións dos traballadores do sector.
Seguimos apelando ao diálogo e a negociación. Gustaríanos topar máis receptividade e disposición da Administración da manifestada ata o de agora.
Acordos e información de interese no Ensino Concertado
Preme para acceder a eles: CONVENIO TÁBOAS SALARIAIS ACORDO DE XORNADA ACORDO DE SAÍDAS PERMISOS (Permisos retribuídos e Excedencias) EMPREGO AFÍLIATE REDES SOCIAIS
CCOO asina o XI Convenio colectivo de centros de ensino privado sen ningún nivel concertado ou subvencionado
O pasado 17 de decembro CCOO asinou o XI Convenio Colectivo, xunto ao resto de organizacións sindicais de ámbito estatal, tras sometelo á consulta coas nosas bases e ser ratificado, deste xeito , o preacordo subscrito unha semana antes. O convenio terá unha vixencia de tres anos, ata o 31 de decembro de 2023, establece un incremento salarial do … Ler máis
Propostas sobre a xornada do persoal docente e do persoal complementario titulado (VII Convenio E.Concertado)
A sinatura do VII Convenio colectivo representa para CCOO a posibilidade de expor na Comisión Técnica, que empezará os seus traballos en breve, as propostas en materia de xornada do persoal docente e do persoal complementario titulado que recolliamos na nosa plataforma reivindicativa, froito das achegas realizadas no seu momento pola nosa afiliación. As nosas principais reivindicacións son: Artigo 25. … Ler máis
