É imprescindible visibilizar as mulleres referentes do sector e impulsar unha coeducación científica realmente transversal para, deste xeito, incrementar a presenza das mulleres na investigación, porque a ciencia e a innovación son liñas estratéxicas imprescindibles para conseguir un mundo máis xusto, solidario e igualitario.
A Federación de Ensino de CCOO reclama máis recursos para poder facer efectiva esa coeducación e a presenza dunha figura que, en igualdade e coas horas de dedicación que esta actividade esixe, poida realizar as funcións necesarias para o seu desenvolvemento e o do colectivo que integra.

