Toda a información da comisión de persoal do 23 de outubro de 2026

CCOO votou en contra da promoción interna do C1 xeral e das propostas para varias escalas por non recoller as alegacións presentadas, e a favor da de axentes ambientais. A DXEP informou ademais das próximas publicacións no DOG.

Promoción interna do C1 xeral. CCOO vota en contra por seguir mantendo un modelo de promoción interna caduco. Abogamos por negociar un novo modelo de promosión interna xa.

C2 auxiliar coidadores, C2 auxiliar cociña, subalterno e AP limpeza e cociña. CCOO vota en contra por non aceptar ningunha das alegacións presentadas, principalmente o sistema de concurso-oposición.

Axentes ambientais. CCOO vota a favor por aceptar varias das alegacións presentadas, sobre todo o concurso-oposición.

Información facilitada pola DXEPAP

  • Publicación no DOG do 30 de outubro da resolución de adxudicación de postos das 18 escalas da Administración especial de Política Social e da data de inicio do prazo posesorio, que será o 19 de novembro.
    E da resolución do concurso de traslados das mesmas escalas: a data do cese será o 18 de novembro e a data de inicio do prazo posesorio será o 19 de novembro.
  • Publicación no DOG de 29 de outubro a elección de destino do proceso selectivo da escala técnica de delineantes (C1) e de inspección de turismo e da promoción interna de enxeñarías, e de inspección de consumo.

Consorcio

  • A día de hoxe están rematadas os ceses e tomas de posesión resultado das adxudicacións.
  • Elección de destino de PSX e xerocultores: No DOG 28 de outubro publicarase a resolución de adxudicación de postos do concurso e a semana seguinte publicarase a elección de destino dos procesos selectivos.
    No mes de novembro estarán as listas de contratación xa na DXEP de xeito que coincida coas tomas de posesión para poder facer os chamamentos dende a DXEP.
  • Regularización de trienios do Consorcio: incorporaránse na nómina de novembro cos atrasos correspondentes.