Cos mellores profesionais e recursos
- As universidades públicas dispoñen de importantes recursos e medios para a docencia, a investigación e a transferencia do coñecemento.
- O seu profesorado imparte a mellor docencia ao estar vinculada de forma directa coa súa actividade investigadora. A práctica totalidade do profesorado dedica a súa actividade profesional de forma exclusiva á docencia e a investigación.
- O persoal técnico, de xestión e de administración e servizos ten unha alta cualificación e especialización.
- Seleccionan con rigor a todo o seu persoal mediante procesos de contratación pública con esixentes criterios de acceso.
Recoñecemento nacional e internacional
- A súa oferta formativa está recoñecida pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA) e o seu profesorado é acreditado por esta.
- Os seus títulos oficiais son recoñecidos internacionalmente, polo que son validables se vas traballar ou continuar a túa formación fóra de España, o que non sempre ocorre coas titulacións das universidades privadas.
- A maioría das universidades públicas manteñen relacións entre elas e con universidades doutros países, formando parte de iniciativas internacionais de cooperación universitaria, ofrecendo unha mellor oferta formativa e favorecendo a mobilidade do seu alumnado.
- As universidades públicas teñen un prestixio gañado grazas aos seus anos de traxectoria. Entre as 50 mellores universidades españolas, case todas son públicas, con especial diferenza en investigación, transferencia do coñecemento, orientación internacional, desenvolvemento rexional, innovación e desenvolvemento tecnolóxico en relación coas privadas.
- A universidade pública é a mellor valorada polo conxunto do alumnado. A súa calidade atrae cada curso académico un maior número de estudantes doutros países.
- En 2026, no “URanking universidades españolas” da Fundación BBVA, 18 das 20 primeiras universidades avaliadas pola súa actividade global e por investigación e innovación son públicas.
Democrática e participativa
- O seu sistema de goberno garante a presenza nos seus órganos de todos os estamentos (profesorado, persoal investigador, alumnado e persoal de administración e servizos), que participan igualmente na súa xestión.
- Teñen unha estrutura democrática que incentiva a participación do alumnado nos diferentes ámbitos da vida universitaria.
- Conta con plans de igualdade, convivencia e contra o acoso nas súas diferentes modalidades (laboral, xénero, por razón de sexo, etc.) consolidados no tempo.
- Conta con códigos éticos e protocolos contra o acoso.
- Garante a defensa dos dereitos e liberdades do conxunto da comunidade universitaria, incluso a través de figuras institucionais (Defensoría Universitaria).
Xeradora de progreso e coñecemento socialmente responsable
- A universidade pública é un motor esencial de cambio social, xerador de coñecemento e desenvolvemento económico, científico e tecnolóxico.
- É un modelo de universidade autónoma, garante da independencia científica e académica, onde o seu profesorado exerce con liberdade de ensinanza.
- Fomenta a colaboración académica e investigadora, o que beneficia o seu alumnado.
- Finánciase principalmente a través dos orzamentos públicos. Por esa razón, estudar nunha universidade pública é economicamente máis accesible (entre 3 e 20 veces máis económico) que nunha privada, que se financia sobre todo cos prezos da matrícula, as achegas das familias e doazóns privadas.
A universidade pública é motor de inclusión, igualdade e progreso
- Ofrece unha formación básica, polivalente e crítica, elemento indispensable para acceder a un saber complexo e especializado, mellorando as súas capacidades persoais e a súa empregabilidade ao se adaptar mellor ás necesidades cambiantes da sociedade.
- Ofrece espazos de pensamento crítico, debate libre e diversidade real.
- A xestión da universidade pública está sometida a controis internos e externos que buscan garantir o cumprimento dos seus obxectivos docentes e de investigación, de xestión e da súa función como servizo público.
- Máis do 70 % da investigación científica en España se produce nas universidades públicas. Detrás das vacinas, as tecnoloxías limpas, os avances sociais e a innovación que move a nosa economía, hai laboratorios e aulas públicas. Matricularse na universidade pública é elixir formar parte da vangarda do coñecemento e aprender de docentes que están transformando o mundo hoxe. O prestixio dun título non se compra; constrúese con rigor, ciencia e servizo público. Prestixio real ao servizo da sociedade.
Achega un valor engadido para a formación profesional e a integración social do seu alumnado
- O seu alumnado realiza prácticas nas empresas públicas e privadas.
- Ofertan o 90 % do mapa de titulacións nacional, o que abre e incrementa as posibilidades de elixir a opción desexada, así como o traslado interno ou cambio de titulación.
- A investigación e a xeración de coñecemento é un elemento esencial da súa actividade, o que propicia unha docencia máis actualizada e o desenvolvemento dunha carreira investigadora.
- Ofrecen unha formación máis ampla en diversas áreas do coñecemento.
- As universidades públicas imparten docencia en distintos idiomas.
- Desenvolven unha ampla política social de bolsas e axudas ao estudo. Matricularte na universidade pública española garante que o teu futuro dependa do teu esforzo, non do peto da túa familia. Mentres que un grao na privada pode custar ata 60 000 €, a pública defende taxas accesibles, bolsas reais e unha educación que é un dereito, non un negocio. O talento non debe entender de contas bancarias.
- Ofrecen maiores posibilidades ao alumnado para deseñar o seu currículo formativo desde os estudos de Grao.
- Están presentes en todas as comunidades autónomas e contribúen ao desenvolvemento social e económico nos territorios.
- Favorecen o desenvolvemento e a autonomía persoal do alumnado.
- Non existen diferenzas significativas na empregabilidade do alumnado egresado entre as universidades públicas e as privadas.
- A universidade pública española foi, é e será a porta de entrada a un futuro mellor para millóns de mozos e mozas de familias traballadoras. É o espazo onde coinciden realidades diversas e onde se constrúe unha sociedade máis xusta e igualitaria. Matricularte aquí é apoiar un sistema que premia a capacidade e abre portas sen importar o teu código postal.
Matricúlate, deféndea!
- O teu futuro comeza na universidade pública: accesible, equitativa e de calidade.
- Universidade pública: excelencia, rigor e igualdade de oportunidades para todas e todos.
- A de todos, para todos. Elixe pública.
- Formación de excelencia, compromiso social: matricúlate na universidade pública.
- O teu código postal non define o teu futuro; a universidade pública ábreche portas.
- Aquí no es un cliente, es o futuro da nosa sociedade.
- O teu esforzo decide o teu futuro. Inviste na pública.
- Inviste en ti, defende o público.
- Benvidos á universidade pública. Excelencia, rigor e oportunidades para todos e todas.
A igualdade de oportunidades comeza na universidade pública.
Garantir o acceso é construír unha sociedade máis xusta e equitativa.
Non hai futuro sen universidade pública.
Que ninguén che diga que non podes chegar

