“Actuar para avanzar” é o lema que presidirá os traballos do 12º Congreso Confederal de CCOO que se celebrará en Madrid os días 21, 22 e 23 de outubro de 2021, coa participación de 758 delegadas e delegados, elixidos nun amplo proceso congresual que se desenvolverá en toda a estrutura do sindicato, as federacións e os territorios.
Será, como corresponde en CCOO, cun congreso participativo, que nesta ocasión se enmarca nun contexto de recrudecemento da crise económica, laboral e social, como consecuencia da pandemia pola Covid-19 na que estamos inmersos.
Para poder participar, lembra que tes ata o 13 de novembro para reclamar que estás no censo electoral. Envía un correo electrónico á Secretaría de Organización mariajosegarcia@galicia.ccoo.es para sabelo.
En caso de non estar, a reclamación ten que dirixirse á Comisión Federal de Interpretación de Normas de la FECCOO (CFIN-Secretaría de Or ganización), C/ Ramírez de Arellano, 19-4ª planta, 28043 Madrid. Correo electrónico: cfin@fe.ccoo.es.
Toda a información correspondente a estes procesos congresuais podes atopala nas diferentes páxinas web da organización.
En Galicia, podedes consultalo en www.ccooensino.gal.
Un saúdo cordial.

